DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de febreiro de 2024 pola que se empraza a persoa interesada no procedemento ordinario 6/2024 no expediente de reposición da legalidade OUR/23/2017-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co procedemento ordinario 6/2024, interposto pola persoa con DNI 34958308X, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 16.11.2023, interposto contra outra do 5.12.2018 –expediente OUR/23/2017-RP1, pola que se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na reforma interior dun corpo dunha edificación (construción 1) de planta baixa preexistente e cambio de cuberta, que antes era tella e actualmente é panel metálico, emprazada na parcela catastral DJ0100500NG98D0001MZ (construción1), no lugar de Campinas (Solbeira), no concello de Paderne de Allariz, poderían ser legalizables e requírese para que no prazo de tres meses presenten a solicitude da oportuna licenza municipal, e declara que as obras de (construción 2) consistentes en elevación do cume cambiando a vertente da cuberta dunha edificación de planta baixa preexistente acaroada á construción 1, ampliación lateral desa edificación, incluíndo un pórtico con piares de pedra, situadas na parcela catastral 3256A001000050000BF, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e impedir os usos aos que desen lugar. E contra a Resolución do 29 de novembro de 2023, pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 5.12.2018 e 16.11.2023, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a persoa con DNI 34546320K para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística