DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/064-4).

Expediente: IN407A 2023/064-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Concello: Vigo.

Feitos:

1. O 8.2.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade o soterramento da rede de media tensión nos lugares do Rozo, A Calzada e O Río, na parroquia de Coruxo, e no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, no concello de Vigo (Pontevedra):

– Retirada dun total de 2.144 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) de dobre circuíto nos seguintes tramos: BAL7082986, BAL7082973, BAL7082972, BAL7082987, BAL7024126, BAL7024165, BAL7024182, BAL7024216, BAL7024110 e BAL7024111.

– Retirada de 14 apoios de formigón: 9TKASGWP//D42-1, 9TI6XXVI//D43, 9TGFU0R0//D44, 9TC27GAQ//D47, 9TADBSBE//D48, 9T8CH3HH//D49, 9T3VBMWF//D51, 9T1XGOCE//D52, 9SXWLXIP//D53, 9SVJS5UL//D54 e 9SV2KXMJ//D54-1.

– Retirada de 3 apoios de celosía: 9TEO0KKH//D45, 9TDIC4S2//D46 e 9T6CDRPG//D50.

– Desmontaxe de 30 metros de LMTA BAL702 entre o apoio C-9000/18 e 9TKASGWP//D42-1, que será retirado.

– Desmontaxe de 63 metros de LMTA BAL708 entre os apoios 9SVJS5UL//D54 e 9SV2KXMJ//D54-1, que serán retirados e substituídos por apoios fin de liña de celosía C-9000/16 e C-2000/14, respectivamente.

– Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados.

– Instalación dun centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT conectado ás liñas BAL7024086, BAL7024221 e proxectada.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea en sete actuacións para enlazar a BAL708 e a BAL702.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vigo, o Servizo do Patrimonio Cultural e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Os demais organismos non emitiron o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Como non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 24.3.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 28.3.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 10.3.2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 3.4.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 27.9.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo, desde o 16.3.2023 ata o 3.5.2023, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en sete actuacións:

1. De 34 metros, con orixe na LMTS existente na estrada Vao-Coruxo, fronte ao número 34, e final no centro de transformación Riazón (36C534).

2. De 34 metros, con orixe no centro de transformación Riazón (36C534) e final na LMTS existente na estrada Vao-Coruxo, fronte ao número 34.

3. De 1.510 metros, con orixe na LMTS existente na estrada Vao-Coruxo, fronte ao número 38, e final no apoio proxectado C-9000/16 (na baixada á Ermida).

4. De 352 metros, con orixe na LMTS existente na estrada Vao-Coruxo, fronte ao número 38, e final no centro de seccionamento proxectado.

5. De 131 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no empalme coa LMTS BAL7024221.

6. De 1.318 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no apoio proxectado C-9000/16 (na baixada á Ermida).

7. De 341 metros, con orixe no centro de transformación situado no camiño Ermida (próximo ao número 52) e final no apoio proxectado C-2000/14 (na baixada á Ermida fronte ao número 51).

8. Centro de seccionamento, con celas compactas e corte en SF6, situado na estrada José Rivas, fronte ao número 34, na parcela con referencia catastral 8214711NG1781S0001FS.

9. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados.

As instalacións están situadas nos lugares do Rozo, A Calzada e O Río, na parroquia de Coruxo, e no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, no municipio de Vigo (Pontevedra).

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas (expediente IN407A 2023/064-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial xunto coa seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra