DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de varias árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2024/86118.

Data: 11.1.2024.

Solicitante: Colexio Maristas El Pilar.

Especie: Melaleuca linariifolia; Sm.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2024/235665.

Data: 25.1.2024.

Solicitante: Manuela García Saya.

Especie: formación de Castanea sativa; Mill.

Localidade: Tercio; Velouzás.

Concello: Paderne.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2024/576314.

Data: 21.2.2024.

Solicitante: María Cristina Lorenzo Sánchez.

Especie: Quercus robur; L.

Localidade: Redondela.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2024/578700.

Data: 21.2.2024.

Solicitante: Simonetta Dondi Dall Orologio.

Especie: Platanus orientalis; L.

Localidade: Mondoñedo.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/579210.

Data: 21.2.2024.

Solicitante: Simonetta Dondi Dall Orologio.

Especie: Buxus sempervirens; L., 1753.

Localidade: Mondoñedo.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se correspondan con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural