DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2023-079 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 22 de febreiro de 2024

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

OU-RES-2023-079

47476009F

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2023-082

44469698A

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2023-088

34981522V

44466403C

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2023-097

76747412T

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-098

34956901Y

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-104

71444702D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-105

1750808335089

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial