DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 16954

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado EF Educación Sanitaria, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) EF Educación Sanitaria, da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e Parafarmacia, e autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e suprimir o CM Farmacia e Parafarmacia, e autorizar o CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, no centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: EF Educación Sanitaria.

Código do centro: 15033277.

Domicilio: avenida de Arteixo, 17-19 baixo.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código postal: 15004.

Provincia: A Coruña.

Titular: Escuela de Finanzas, S.L.

Composición resultante:

Réxime ordinario, modalidade presencial.

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades