DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de execución do parque eólico Barreiros I, nos concellos de Barreiros e Ribadeo (expediente IN408A 2020/056).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

– O 12.4.2020 Tecnorenova Eólica, S.L.U. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Barreiros I (expediente IN408A 2020/056), nos concellos de Ribadeo e Barreiros, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– O 4.2.2022 Tecnorenova Eólica, S.L.U. comunicou o cambio da súa denominación social, que pasou a ser WPD Tecnorenova, S.L.U., mantendo o mesmo NIF.

– O 22.11.2023 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe final de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica que todas as posicións dos aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m ás delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado.

– O 23.11.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) requiriu ao promotor unha serie de aclaracións ademais da achega dun novo estudo de impacto ambiental ante a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que reflicta, tanto no seu documento principal como nos anexos, as coordenadas en coherencia co resto da documentación do expediente.

– Posteriormente, o 27.11.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.

– O 6.2.2024 o promotor responde ao requirimento da DXPERN e achega o estudo de impacto ambiental. Na mesma data o promotor desistiu da declaración de utilidade pública (DUP) solicitada o 12.4.2020.

– Con data do 19.2.2024 e logo de revisar a documentación da solicitude, a Xefatura Territorial de Lugo require ao promotor a corrección e aclaración de distintas cuestións. O 21.2.2024 o promotor responde achegando novo estudo de impacto ambiental e novas separatas técnicas para completar a solicitude.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante/promotor: WPD Tecnorenova, S.L.U. (CIF B27504570).

Domicilio social: polígono industrial Sete Pontes, rúa da Cerdeira, PA2B, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Barreiros I. Barreiros e Ribadeo (Lugo). Setembro 2023.

Situación: concellos de Barreiros e Ribadeo (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Mondigo.

Potencia instalada: 49,50 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 11.

Produción neta anual estimada: 155.034 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 43.982.529,59 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (Fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

a

644.830

4.820.875

b

646.800

4.819.280

c

644.250

4.816.690

d

642.260

4.819.210

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Nº aeroxerador

ETRS89 (Fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

BA1-01

644.429,10

4.817.767,32

Barreiros

BA1-02

644.462,14

4.818.192,48

Barreiros

BA1-03

644.924,57

4.818.441,14

Barreiros

BA1-04

644.071,57

4.818.988,39

Barreiros

BA1-05

643.451,67

4.819.054,74

Barreiros

BA1-06

643.001,16

4.819.069,48

Barreiros

BA1-07

644.503,00

4.819.765,00

Barreiros

BA1-08

644.814,00

4.819.656,00

Ribadeo

BA1-09

645.186,00

4.819.500,00

Ribadeo

BA1-10

645.558,00

4.819.358,00

Ribadeo

BA1-11

645.852,00

4.819.431,00

Ribadeo

Coordenadas da localización da subestación colectora do parque:

Datum ETRS89 (Fuso 29)

Concello

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

644.331

4.817.443

Barreiros

Por outra parte, as coordenadas da envolvente da subestación colectora do parque:

Vértices envolvente

Datum ETRS89 (Fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

644.326,18

4.817.486,77

2

644.357,00

4.817.472,48

3

644.336,92

4.817.429,19

4

644.306,10

4.817.443,48

Características técnicas principais das instalacións:

– Once (11) aeroxeradores Vestas V155, potencia nominal 4,5 MW, diámetro de rotor de 155 m e altura de buxa 100 m.

– Once (11) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 5.000 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30kV e nivel de illamento 36 kV, cela de protección do transformador e as celas de entrada e saída de liña para continuidade dos circuítos existentes.

– Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV Al + H16/25 nivel illamento 18/30 kV, que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque.

– Subestación colectora do parque, que recolle enerxía do parque a 30 kV e elévaa ata 132 kV. Composta por:

• 1 posición de liña de 132 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida exixidos pola compañía distribuidora. Esta posición será común para a liña e o transformador.

• 1 transformador de 45/50 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 132/30 kV e regulación en carga. Conexión YNd11, illamento clase F.

• 1 reactancia de posta a terra en 30 kV, con limitación de corrente a 500 A, 30 s.

• 1 posición de transformador de 30 kV.

• 1 posición de medida de tensión de barras de 30 kV.

• 3 posicións de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

• 1 posición de transformador de servizos auxiliares; 30/0,4 k, potencia aparente 100 kVA.

• 1 transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA.

• Sistema de posta a terra.

• Sistema de control e regulación dos aeroxeradores e da subestación, sistema de comunicacións e sistema de regulación de potencia.

Os equipamentos de control, protección, comunicacións, servizos auxiliares e celas de 30 kV irán aloxados no edificio construído segundo os planos incluídos no proxecto.

Os elementos de 132 kV irán localizados en parque exterior, delimitado por un peche perimetral.

– Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior a aeroxeradores e subestación, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, bancadas para os transformadores e cimentacións para a parellaxe eléctrica da subestación, edificio de control, zona de aprovisionamentos, arquetas e gabias para tendido de cables de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública: a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

– Proxecto de execución: proxecto de execución do parque eólico Barreiros I. Barreiros e Ribadeo (Lugo). Setembro de 2023. Asinado o 13.9.2023 e con visado núm. 20232899, do ICOIIG, do 18.9.2023.

– Estudo de impacto ambiental: Avaliación de impacto ambiental do Proxecto de parque eólico Barreiros I de 49,5 MW, localizado nos termos municipais de Barreiros e Ribadeo (Lugo) (asinado electronicamente o 22.2.2024).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Barreiros e Ribadeo (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón: https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/barreirosi

Lugo, 23 de febreiro de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo