Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionario: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.
Domicilio social: rúa Isabel Torres, 25, 39011 Santander.
Denominación: ampliación da subestación eléctrica de Boimente 132 kV.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas principais:
Ampliación consistente na execución de tres (3) novas posicións, dúas (2) de acoplamento lonxitudinal de barras e unha (1) de acoplamento transversal de barras.
Cada unha das posicións de acoplamento lonxitudinal de barras estará composta por:
– Dous (2) seccionadores tripolares de barras, motorizados e telemandados.
– Tres (3) transformadores de intensidade.
– Un (1) interruptor de potencia tripolar.
A posición de acoplamento transversal de barras estará composta por:
– Dous (2) seccionadores tripolares de barras, motorizados e telemandados.
– Tres (3) transformadores de intensidade.
– Un (1) interruptor de potencia tripolar.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 1.083.661,48 euros.
Documentación que se xunta:
Separata para o Concello de Viveiro.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 16 de febreiro de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo