DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/364-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo as resolucións dos respectivos expedientes de reclamación, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/364-4.

Interesado/a:

NIF: 52490974Y.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/364-4.

Interesada: Electricidad Eleia, S.L.

NIF: B88181441.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/426-4.

Interesada: Gesternova, S.A.

NIF: A84337849.

Acto notificado: resolución.