DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Lalín (expediente DH.A36.58403).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 18 de abril de 2023, e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Manuel Payo Soengas unha concesión de 7.300 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Alemparte, da parroquia de Alemparte (Santa María), no concello de Lalín (Pontevedra), con destino a uso gandeiro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións