DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa (expediente DH.A36.88166).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Julian Melbourne Skelton.

Expediente: DH.A36.88166.

Volume total anual: 1.072,44 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,03 l/s.

Destino: rega.

Orixe: pozo na parcela 631 do polígono 1 do Catastro de Cambados.

Lugar: Tragove.

Parroquia: Corvillón.

Concello: Cambados.

Descrición:

A auga bombéase desde pozo de barrena para rega da parcela do pozo e da 181 do polígono 21 de Vilanova de Arousa, adxacente.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 6 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia-Sur