DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2023/091-1).

Expediente: IN407A 2023/091-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: modificado proxecto renovación LMTS POT809 entre CT 15XTK7 e CT 15X944.

Concello: Cee.

Feitos:

1. O día 25.8.2023, a empresa promotora presentou unha modificación do proxecto de renovación LMTS POT809 entre CT 15XTK7 e CT 15X944, autorizado pola Resolución desta xefatura territorial do 21 de xullo de 2023 (DOG do 22 de agosto). Coa finalidade de minimizar a afección ás estradas AC-552, AC-550 e AC-445, proxéctase un novo trazado da liña de distribución soterrada de media tensión. A finalidade do proxecto orixinal mantense neste modificado: para mellorar a calidade da subministración, así como de incrementar a capacidade de transporte das liñas existentes e así atender os aumentos de demanda de enerxía na contorna da avenida Fisterra, concello de Cee, proxéctase a substitución de dous tramos soterrados da liña de distribución de media tensión LMT POT809, procedente da subestación Pontella, instalando un novo condutor nos ditos tramos en nova canalización.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado modificado proxecto renovación LMTS POT809 entre CT 15XTK7 e CT 15X944, asinado o día 2.8.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Cee, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 18.1.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar Aldea do Son e na avenida Fisterra, parroquia de Cee (Santa María), no concello de Cee, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Actuación 1: LMTS a 20 kV, de 381 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no CT Doca (15X944) existente e remate nun punto nas inmediacións do nº 60 do lugar Aldea do Son, en dirección ao CT Perdigones (15X943) existente.

• Actuación 2: LMTS a 20 kV, de 2×151 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe e remate nas inmediacións do nº 60 do lugar Aldea do Son, facendo E/S no CT Perdigones (15X943) existente.

• Actuación 3: LMTS a 20 kV, de 527 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe nas inmediacións do nº 60 do lugar Aldea do Son e remate nas inmediacións do CT Villa de Cee (15XGMY) existente.

• Actuación 4: LMTS a 20 kV, de 2×12 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe e remate nas inmediacións do CT Villa de Cee (15XGMY) existente, facendo E/S no dito CT.

• Actuación 5: LMTS a 20 kV, de 71 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe nas inmediacións do CT Villa de Cee (15XGMY) existente e remate nos empalmes por realizar na LMT POT809 (p.q. 480 da AC-445).

• As liñas proxectadas discorrerán en canalización paralela á existente no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de entre 0,80 e 1,20 metros de profundidade (dependendo do número de tubos e do terreo), instalando entre dous e catro tubos de idénticas características, cunha lonxitude total de canalización proxectada de 1.114 m.

• Posta fóra de servizo dos tramos soterrados da LMT POT809, procedente da subestación Pontella: POT8090499, condutor tipo UNI-AL-70 -RHV/DHV (IN407A 2016/2304-1), POT8090512, condutor tipo UNI-AL-150-RHV (IN407A 2016/2304-1), e POT8090490, con tipo UNI-AL-150-RHV (expediente 380/97).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña