DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16465

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedementos ED481B e IN606B).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 35, do 19 de febreiro de 2024, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 14060, no artigo 2.2.c), onde di: «c) Non ter sido seleccionada ou, no caso de ser seleccionada, non ter renunciado con anterioridade á publicación desta convocatoria para algún dos seguintes programas:», debe dicir: «c) Non ter sido seleccionada para algún dos seguintes programas:».