DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a obtención dos terreos correspondentes á conexión viaria exterior CE-2, polígono industrial Río do Pozo, fase IV.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Narón, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2023, adoptou o acordo de aprobación inicial e declarar de utilidade pública o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos correspondentes á conexión viaria exterior CE-2. Polígono industrial Río do Pozo. Fase IV.

Así mesmo, acordouse someter a información pública por período dun (1) mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiros de edictos do concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Para estes efectos e desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, o proxecto poderá consultarse nas dependencias do Servizo de Expropiacións, sito no 6º andar da casa do concello, de luns a venres, das 8.30 ás 13.00 horas, previa cita telefónica.

Procederase tamén á notificación individualizada, con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, a todos aqueles que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do xusto prezo por idéntico prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

En cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o presente anuncio serve de notificación aos interesados que poidan resultar descoñecidos, se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

Narón, 8 de xaneiro de 2024

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectos

Nº de predio

Referencia catastral

Superficie predio

Afección

Superficie afectada

Titular

01

5517209NJ6251N0000MW

40.342,74 m2

Parcial

2.586 m2

Francisco Mata, S.A.