A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Música. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.
As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terá que ser proposta por tres académicos de número dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.
Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 1 de decembro de 2023
Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes