DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16258

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento do crédito da aplicación 11.30.322C 4720 prevista na Orde do 28 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 TR890A (Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2023).

Primeiro. A Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 prevé o seu financiamento a través da seguinte aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00124, cun crédito inicial de 30.000.000 de euros.

Segundo. A través da Orde do 2 de febreiro de 2023 faise pública a ampliación da dotación orzamentaria da aplicación 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00124, por importe de 5.000.000 €, e a través da Orde do 22 de novembro de 2023 faise pública a nova ampliación da dotación orzamentaria da aplicación 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00124, por importe de 3.900.000 €.

Terceiro. O artigo 5.2 da Orde do 28 de decembro de 2022 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Cuarto. A Orde do 28 de decembro de 2022 establece no seu artigo 14.3 que, en aplicación dos principios de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia e sendo unha convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentase a documentación completa requirida nas bases reguladoras.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00124, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR890A-2023-00033749-00, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 10 da convocatoria, o día 10 de xaneiro de 2023, ás 11.51.51 horas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social