DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16256

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.30.322C.470.6 prevista na Orde do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR790A) (Diario Oficial de Galicia número 102, do 31 de maio).

Primeiro. A Orde do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas prevé o seu financiamento a través da seguinte aplicación:

Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.6, código de proxecto 2023 00125, cun crédito de 1.500.000 €.

Segundo. O artigo 3.2 da Orde do 10 de maio de 2023 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Terceiro. O artigo 3.3 da Orde do 10 de maio de 2023 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Cuarto. A Orde do 10 de maio de 2023 establece no seu artigo 12.3 que, en aplicación dos principios de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia e sendo unha convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentase a documentación completa requirida nas bases reguladoras.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.6, código de proxecto 2023 00125, ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2023.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR790A-2023-00000169-00, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 2 do artigo 7 da convocatoria, o día 15 de xuño de 2023 ás 9.13 horas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social