Club de Mar Ría de Aldán solicita concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Aldán en superficie e do edificio pavillón deportivo, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de formación e promoción de deportes náuticos (piragüismo) e almacenaxe de embarcacións.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 11 de setembro de 2023
Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia