DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do DPP polas ramplas e os edificios 12.55.EDF.012 (nave estaleiros 1) e 12.55.EDF.013 (nave estaleiros 3) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de estaleiro de embarcacións de casco de madeira, solicitada por Astilleros Catoira, S.L., no dominio público portuario de Rianxo (código 12-55-23-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Astilleros Catoira, S.L., para a ocupación en superficie de ramplas e os edificios 12.55.EDF.012 (nave estaleiros 1) e 12.55.EDF.013 (nave estaleiros 3), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de estaleiro de embarcacións de casco de madeira, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 8.5.2023 e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada o 30.1.2024, no porto de Rianxo.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro