DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16216

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) de Chantada e ordenación detallada SUNP 3 (Pousada), G919/2018.

Inclúese a continuación o texto do acordo adoptado:

«(…) Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 10 do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) do Concello de Chantada (Lugo) e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable situado no lugar de Pousada, nos termos que constan no expediente.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, e no número 2 do artígo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acordar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas por un periodo temporal máximo de dous anos, nos termos e ámbitos previstos no resumo executivo relativo á suspensión de licenzas resultante da aprobación inicial da modificación puntual nº 10 do PXOU do Concello de Chantada (Lugo) e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable situado no lugar de Pousada.

En consonancia co disposto no número 1 do artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, debe entenderse que a suspensión determinada polo acordo de aprobación inicial do planeamento tamén estará referida ás licenzas de parcelación, edificación e demolición.

Terceiro. De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, abrir un período de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Cuarto. Dar traslado da documentación ao órgano competente en materia de urbanismo para os efectos previstos no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Quinto. De conformidade co artigo 60.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, solicitar, no momento que corresponda, os demais informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coa lexislación vixente (...)».

Visto o acordo transcrito de aprobación inicial da modificación puntual do PXOU de Chantada, nº 10, por Acordo do Pleno do 1 de febreiro de 2024, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as alegacións que considere pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica do Concello:

[http://chantada.sedelectronica.es], xunto coas ligazóns de acceso á documentación técnica.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola modificación puntual inicialmente aprobada e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, segundo o indicado no parágrafo segundo do acordo de aprobación inicial transcrito.

Chantada, 2 de febreiro de 2024

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde