DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16151

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2024 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario.

Vacantes os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, modificada pola Resolución do 26 de setembro de 2023, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberá presentarse xunto cun curriculum vitae e a xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Cuarta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Con todo, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao amparo dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretaria de dirección da Unidade de Xestión Administrativa. Secretaría Xeral.

Número de praza: PF000288.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 10.220,01.

Xornada: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaria de dirección da Unidade de Xestión Administrativa. Xerencia.

Número de praza: PF000936.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 10.220,01.

Xornada: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file