DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16150

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Linguaxes e Sistemas Informáticos.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 28 de noviembro de 2023 (BOE do 11 de decembro) para a provisión da praza número 23/034 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Linguaxes e Sistemas Informáticos, departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, a favor de Diego Seco Naveiras, con DNI número ***1807**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Diego Seco Naveiras profesor titular de universidade da área de coñecemento de Linguaxes e Sistemas Informáticos, departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de febreiro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado