DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/7-1).

Expediente: IN407A 2023/7-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: instalación de telecontrol en LMT SIG808, apoio AA0VK4DB//59-B2.

Concello: Trazo.

Feitos:

1. O día 12 de xaneiro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de realizar melloras na calidade da subministración eléctrica no lugar da Arnoba, concello de Trazo. Proxéctase a instalación dun elemento seccionador telemandado nun apoio existente de formigón que substituirá un de tipo metálico na liña de distribución LMT SIG808 (expediente IN407A 02/286), procedente da subestación Sigüeiro.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, a empresa promotora achega o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT SIG808, apoio AA0VK4DB//59-B2, asinado o 23 de febreiro de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica con número colexial 4.684 de Vigo (Coitivigo), xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 12 de abril de 2023, publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 4 de maio de 2023, número 85.

– BOP: 18 de abril de 2023, número 73.

– Xornal La Voz de Galicia: 2 de maio de 2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Trazo.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Trazo. No día desta resolución non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

5. O día 29.12.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4.7.2022), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25.5.2023), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23.6.2023).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2000).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo de 2008).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño de 2014).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro de 2002).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro de 1982).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar da Arnoba, no concello de Trazo.

– Instalación de reconectador TC no apoio número AA0VK4DB//59-B2 existente, que se substituirá por un tipo C-1000/16 na LMT SIG808 (expediente IN407A 02/286), procedente da subestación Sigüeiro. Desmontaxe dos curtocircuítos porta fusibles existentes con matrícula 15HBYW no apoio con matrícula AA8A9EJW. Retensado dos vans adxacentes.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT SIG-808-apoio AA0VK4DB//59-B2

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Trazo

Parcela proxecto

Propietaria/o-titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecida/o

15087A502004380000AI

Polígono 502, parcela 438

Sabuceda

Novo apoio núm. 59-B2

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeireiro

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér: superficie de servidume aérea en m².

m² sot: superficie de servidume soterrada en m².