DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 15996

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso para cubrir, polo sistema de acceso libre, unha praza de persoal empregado investigador da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco da estabilización extraordinaria do emprego temporal.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do 23 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 6234, onde di:

«Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se fai publica a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso para cubrir, polo sistema de acceso libre, unha praza de persoal laboral da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 2 de outubro de 2023 (DOG do 11 de outubro de 2023 e BOE do 24 de novembro), convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, praza de persoal laboral da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal».

Debe dicir:

«Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se fai publica a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso para cubrir, polo sistema de acceso libre, unha praza de persoal empregado investigador da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco da estabilización extraordinaria do emprego temporal.

Mediante a Resolución do 2 de outubro de 2023 (DOG do 11 de outubro e BOE do 24 de novembro), convócase proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, unha praza de persoal empregado investigador da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco da estabilización extraordinaria do emprego temporal, de acordo co establecido na Resolución do 29 de xuño de 2023 pola que, en execución da sentenza, se complementa a oferta de emprego público desta universidade e dos seus entes adscritos para o ano 2022».