DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 15997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. (Clun) e Neo Ames, S.L.U. para a fábrica de pensos compostos e planta de transformación de leite e derivados situada no concello de Ames (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-62).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de pensos compostos e planta de transformación de leite e derivados

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titulares: Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. e Neo Ames, S.L.U.

Núm. rexistro da AAI: 2007/0059_NAA/IPPC_115

Concello: Ames (A Coruña)

Expedientes:

2020-IPPC-M-62; 2023-IPPC-M-60 e 2023-IPPC-M-116

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (introducir clave expediente 2007/0059) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático