DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT RED712 regulamentación de apoio FHIQMROD.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT RED712 regulamentación apoio FHIQMROD, no concello de Pazos de Borbén, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.

Vigo, 14 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/136-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT RED712 regulamentación apoio FHIQMROD.

Concello: Pazos de Borbén.

Predio

Referencia catastral

Titular

Deposito prezo xusto

1

36037A020009710000TY

Descoñecido

2024/54/26