DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma LMTA SJG803 A Devesa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA SJG803 A Devesa, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que xulgue que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 14 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/463-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA SJG803 A Devesa.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

1

36011A027008870000JJ

Serafina Quintillán Fondós

2

36011A027007120000JP

Descoñecido