DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao expediente BS403B 2023-00008363 e un máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023 e se procede a súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2023.

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través das persoas que a representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que de non facer a emenda nun prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte á notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, terase por desistida da solicitude, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/Pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B 2023-00008363

AX565097

Requirimento de emenda da solicitude do 3.10.2023

BS403B 2023-00010148

GA022865

Requirimento de emenda da solicitude do 10.11.2023