De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade da parte substantiva dos acordos da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo.
Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Poñer á disposición dos interesados os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e as xustificacións que xulguen pertinentes, ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (teléfonos 982 29 49 57/982 29 41 88/89).
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obrigación do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e dáse así por concluído o expediente.
Lugo, 14 de febreiro de 2024
Sagrario Sánchez Ramil
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado:
NIF: 34324594S.
Importe: 1.826,00 €.
Curso: 2021/22.
Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non xustificar o aboamento dos servizos de Reeducación Pedagóxica e Reeducación da Linguaxe.
Interesado:
NIE: Y4456819P.
Importe: 913,00 €.
Curso: 2021/22.
Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non xustificar o aboamento dos servizos de Reeducación Pedagóxica.
Interesado:
NIF: 34320115K.
Importe: 1.826,00 €.
Curso: 2021/22.
Causa: 7.26 Non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a cal se lle concedeu.
Interesado:
NIF: 35655638A.
Importe: 1.826,00 €.
Curso: 2021/22.
Causa: 7.26 Non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a cal se lle concedeu.
Interesado:
NIE: Y3828883H.
Importe: 913,00 €.
Curso: 2021/22.
Causa: 7.26 Non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a cal se lle concedeu.