DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2024 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución de compensación no procedemento de sanción por sobredeclaración 1215077000045.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución de compensación da débeda contraída co Fondo Galego de Garantía Agraria a raíz dunha sanción multianual por sobredeclaración Feaga, por resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 23.1.2024)
Juan José Cerviño Varela
Secretario do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

1215077000045

76460893S

Resolución de compensación de débeda por sobredeclaración