DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o Xulgado do Social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 14 de febreiro de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

34942889R

34942889R/27-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourense

44494537W

44494537W/12-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourense

55478510A

55478510A/15-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourense

76725429M

76725429M/21-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourense

Y6242617V

Y6242617V/21-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourense

12431861Q

12431861Q/19-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ourense

X7441181Z

X7441181Z/15-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ourense