DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 391).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o Xulgado do Social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 2024

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

35457931G

35457931G/27-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

76867275X

76867275X/01-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Grove, O

32719777T

32719777T/04-10-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

35447813Y

35447813Y/10-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

35465203P

35465203P/27-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

53821151R

53821151R/22-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

54509879V

54509879V/02-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

X6851002S

X6851002S/28-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo