DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.97461).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Silvina Natalia Arrebola Prieto.

DNI: ***0257**.

Expediente: DH.A36.97461.

Volume total anual: 2.779 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,24 l/s.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: mina.

Lugar: Rabo de Gato.

Parroquia: Moalde.

Concello: Silleda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación de auga na parcela de referencia 36052A030000770000KF mediante unha mina horizontal escavada duns 2,0×0,8×2,0 m que remata nunha arqueta de PVC e a súa condución mediante tubaxe de 25 mm ata outra arqueta na parcela veciña ata a vivenda situada na parcela 36052A02200213 e a parcela que se vai regar de referencia 36052A030000096.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro