DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de remodelación da ponte sita na rúa Fomento, remodelación da canle e ribadas de contención augas abaixo da ponte. Carballo (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2023-0046 e clave do proxecto OH.415.1215. Referencia de expediente AUG-2023-0057.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Carballo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de remodelación da ponte sita na rúa Fomento, remodelación da canle e ribadas de contención augas abaixo da ponte. Carballo (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2023-0046 e clave do proxecto OH.415.1215. Referencia de expediente: AUG-2023-0057.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 27.271,68 euros. Importe total: 32.998,73 euros.

8. Valor estimado do contrato: 36.517,26 euros. Inclúe o orzamento de licitación (27.271,68 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.245,58 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 9 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 11 de decembro de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 5.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 19 de decembro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.

14.2. NIF: B15128838.

14.3. Enderezo: rúa Picaños, nº 44, baixo, 15702 Santiago de Compostela.

14.4. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5. Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com

14.6. Fax: 981 57 21 23.

14.7. Teléfono: 609 04 60 21.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 22.900,00 euros. Importe total: 27.709,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación encádrase dentro do programa Galicia Feder 2021-2027 no obxectivo político 2: unha europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade P2A: transición verde; obxectivo específico 2.4: favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; liña de actuación 2.4.01: actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa do fondo europeo citado, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 3 de maio de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 13 de decembro de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 19 de decembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 21 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia