DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa nos concellos de Coles e Ourense (expediente IN407A 2022/229-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puiderse practicar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Pobadura, situada nos concellos de Coles e Ourense, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, logo de solicitaren cita previa no teléfono 988 386 728, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 12 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/229-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Pobadura.

Concellos: Coles e Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

4

Escribanos

32900A110000210000LP

Descoñecido

Titular descoñecido

9.10.2023

7

Pintal

32900A110000200000LQ

María Delfina Dacal González

Enderezo descoñecido

9.10.2023

10

Os Campos

32900A110001680000LU

Descoñecido

Titular descoñecido

9.10.2023

11

Os Campos

32900A110001710000LU

Descoñecido

Titular descoñecido

9.10.2023

13

Os Campos

32900A110000170000LZ

Nieves Carballo

Enderezo descoñecido

9.10.2023

14

Os Campos

32027A038003010000OL

Nieves Carballo

Enderezo descoñecido

9.10.2023