DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/435-1).

Expediente: IN407A 2023/435-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación de instalacións pola fin da vida útil do apoio nº 9PFSDKOA//23 (LAMT TA2-807 Arzón 7).

Termo municipal: Negreira.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña TA2-807 autorizado no expediente 34.877, de 326,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 22 (matrícula 9PEBHH3E) de formigón tipo S-AL-HVH-bóveda-3xCS e nº 24 (matrícula 9PHR00GR) de formigón tipo A-AL-HVH-bóveda-6xCA-derivación-3xCA, consistentes en:

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15057A030002460000BI sita na parroquia de Xallas (San Pedro) cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 22, do apoio nº 23 (matrícula 9PFSDKOA) de formigón tipo HVH-CR-6xCA, polo novo apoio metálico tipo celosía A-AG-C-1000/16-H35-6xCA, en que serán reinstalados os elementos de protección e manobra tipo SXS actualmente instalados no apoio nº 23 que se vai substituír e que manterá a condición de apoio frecuentado.

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15057D513005140000QH sita na parroquia de Xallas (San Pedro), intercalado entre o apoio nº 23 (matrícula 9PEBHH3E) unha vez substituído e o apoio nº 24 (matrícula 9PHR00GR) antes indicados, dun novo apoio metálico tipo A-AG-C-1000/14-H35-6xCA(CS) que se identificará co nº 23-bis.

– Substitución do condutor tipo LA-56 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-56, no novo van de 100,5 metros de lonxitude que se formará entre os novos apoios nº 23 e nº 23-bis proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña TA2-807 de 124,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 22 existente e o novo apoio nº 23 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña TA2-807 de 101,3 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 23-bis proxectado e o apoio nº 24 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Renovación de instalacións pola fin da vida útil do apoio nº 9PFSDKOA//23 (LAMT TA2-807 Arzón 7)

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Negreira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15057A030002460000BI

Lugar de Taberna Vella

Novo apoio

nº 23

2

Piñeiral madeirable

2

María Josefa Negreira Suárez

15057D513005140000QH

Lugar de Campos

Novo apoio

nº 23-bis

2

Prados ou pradarías de regadío