DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 36S001/223/2023.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 36071, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2024

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36S001/223/2023.

CIF/NIF: 36145023V.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.