Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 11965, na alínea a).v.2º do punto 1 do artigo 13, onde di:
«(…) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes».
Debe dicir:
«(…) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o DNI/NIE, nome e enderezo do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo, así como as características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes».