DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15492

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024 pola que se fai pública a aprobación definitiva do Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023.

En cumprimento do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), Lugo, mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, que literalmente di:

«Aprobar definitivamente o Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), sometido a información pública mediante Anuncio do 13 de abril de 2022 (DOG núm. 86, do 4 de maio, e BOP núm. 161, do 15 de xullo), para os efectos establecidos pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia».

De conformidade co previsto no artigo 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a normativa do proxecto de interese autonómico, para a súa entrada en vigor.

CAPÍTULO I

Xeneralidades e terminoloxía

Epígrafe I. Disposicións xerais

Artigo 1. Xeneralidades

Esta normativa aplícanse ao ámbito grafado no plano Delimitación do ámbito, ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (Lugo), fase III.

A superficie total do ámbito é de 39.926,57 m2.

A normativa do proxecto de interese autonómico será a propia para o desenvolvemento das actividades empresariais e industriais e das infraestruturas que lles sexan complementarias.

A ordenación do ámbito do proxecto de interese autonómico defínese pola ordenación gráfica, contida no plano Ordenación, que se complementa coas ordenanzas establecidas neste documento.

Artigo 2. Modificación das determinacións do proxecto de interese autonómico

A modificación das determinacións da ordenación detallada requirirá a modificación deste proxecto de interese autonómico.

Epígrafe II. Terminoloxía

Artigo 3. Ámbito

Comprende o conxunto de terreos obxecto deste proxecto de interese autonómico e interiores á delimitación gráfica representada nos planos deste planeamento.

Artigo 4. Polígono

Ámbitos territoriais que comportan a execución integral do plan e foron delimitados de forma que permiten o cumprimento do conxunto dos deberes de cesión, de urbanización e de xusta distribución de cargas e beneficios na totalidade da súa superficie.

Neste proxecto de interese autonómico delimítase un polígono único de actuación.

O sistema de actuación será o de expropiación.

Artigo 5. Fase ou etapa

É a unidade mínima de realización das obras de urbanización coordinada coas restantes determinacións do proxecto de interese autonómico, en especial co desenvolvemento no tempo da edificación. Este proxecto de interese autonómico prevé a execución das obras nunha única etapa.

Artigo 6. Plano parcelario

No proxecto de interese autonómico inclúese un plano parcelario que permite identificar cada unha das parcelas resultantes e xustificar a ordenación establecida.

O citado plano parcelario non é vinculante e debe entenderse como a proposta base do proxecto de interese autonómico que se concretará na execución do correspondente proxecto de urbanización.

Artigo 7. Parcela e parcela mínima

Parcela ou predio: unidade de solo, tanto na rasante como no voo ou no subsolo, que teña atribuída edificabilidade e uso, ou só uso, urbanístico independente.

Parcela mínima: a menor dimensión en superficie que debe ter unha parcela para que se poidan autorizar sobre ela a edificabilidade e os usos permitidos polo planeamento urbanístico.

Artigo 8. Quinteiro

É o conxunto de parcelas que, sen solución de continuidade, quedan comprendidas entre vías e/ou límites do proxecto de interese autonómico.

Artigo 9. Aliñación

Enténdese por aliñación aquela liña sinalada polos instrumentos de planeamento urbanístico que establece a separación das parcelas edificables con respecto á rede viaria ou ao sistema de espazos libres e zonas verdes públicos.

Artigo 10. Lindeiros

Lindeiros ou lindes: liñas perimetrais que establecen os límites dunha parcela; distínguese entre lindeiro frontal, laterais e traseiro.

En parcelas con máis dun lindeiro frontal, serán laterais os restantes.

Lindeiro frontal ou fronte de parcela: o lindeiro que delimita a parcela no seu contacto coas vías públicas. Nas parcelas urbanas, coincide coa aliñación oficial.

Artigo 11. Superficie de parcela

Superficie bruta: superficie completa dunha parcela que resulte da súa medición real mediante levantamento topográfico.

Superficie neta: superficie da parcela resultante de deducir da superficie bruta a correspondente aos solos destinados a uso e dominio públicos (cesións).

Artigo 12. Espazo libre de parcela

É a parte da parcela neta que queda excluída da superficie ocupada pola edificación. O proxecto de edificación da parcela definirá a urbanización completa destes espazos.

Artigo 13. Rasante

Enténdese por rasante a cota que determina a elevación dunha aliñación ou liña de edificación en cada punto do territorio. Distínguese entre rasante natural do terreo, rasante de vía (eixe da calzada) ou de beirarrúa, que poden ser existentes ou proxectadas.

A cota de referencia ou de orixe é a rasante do punto que o planeamento define para unha aliñación ou liña de edificación como orixe da medición dos diversos criterios de medir as alturas da edificación.

Artigo 14. Recuamento

É a separación mínima das liñas da edificación respecto aos lindeiros da parcela, medida perpendicularmente a eles.

Distínguense recuamento frontal, lateral e traseiro, segundo o lindeiro de que se trate.

Artigo 15. Plano de fachada

Refírese o plano vertical tanxente aos elementos máis exteriores do cerramento das edificacións, exceptuando balcóns, balconadas, miradoiros, galerías, terrazas, voos e corpos voados autorizados. Para os efectos de delimitación da edificación, considéranse os correspondentes tanto ás fachadas principais como ás medianeiras.

Artigo 16. Liñas de edificación

Liña de edificación: liña de intersección do plano de fachada da edificación co terreo.

Artigo 17. Ocupación de parcela

Porcentaxe máxima da parcela que pode ser ocupada pola edificación, en calquera das súas plantas sobre ou baixo rasante, incluídos os seus corpos voados, pechados ou abertos, referida á superficie neta dela.

Artigo 18. Edificabilidade

Superficie edificable: superficie construíble máxima nunha parcela, ou ámbito, referida aos diferentes usos, expresada en metros cadrados, resultante de aplicar á súa superficie os índices de edificabilidade correspondentes.

Edificabilidade ou índice de edificabilidade bruta: límite máximo de edificabilidade para cada uso, expresado en metros cadrados de teito por cada metro cadrado de solo, aplicable nunha parcela ou ámbito.

Edificabilidade ou índice de edificabilidade neta: límite máximo de edificabilidade para cada uso, expresado en metros cadrados de teito por cada metro cadrado de solo, aplicable sobre a superficie neta edificable.

Aproveitamento tipo: edificabilidade unitaria ponderada en función dos distintos valores de repercusión do solo dos usos característicos da correspondente área de repartición.

Aproveitamento xeral: aproveitamento da área de repartición resultado do cociente entre o aproveitamento lucrativo total da área e a superficie total da área, incluídos os terreos dos sistemas xerais adscritos a ela e excluídos os terreos afectos a dotacións públicas que non fosen obtidos por expropiación anticipada en execución do plan, xa existentes no momento de aprobación daquel, e cuxa superficie se manteña.

Enténdese por edificabilidade a relación entre a superficie construída (suma das superficies construídas de todas as plantas que integran a edificación) e a superficie neta da parcela.

O cómputo da edificabilidade seguirá o establecido na lexislación urbanística en vigor no momento da solicitude da licenza.

En caso de non existir regulación ao respecto, non computarán no cálculo da edificabilidade:

a) Os espazos con altura libre inferior a 1,50 metros.

b) Os equipamentos de procesos de fabricación exteriores ás naves, tales como bombas, tanques, torres de refrixeración, chemineas, etc.

c) Os elementos ornamentais de remate da cuberta e os que corresponden a escaleiras, aparellos elevadores ou elementos propios das instalacións do edificio (tanques de almacenamento, acondicionadores, torres de procesos, paneis de captación de enerxía solar, chemineas, etc.).

Artigo 19. Medición da altura da edificación

Para os efectos da medición da altura de edificación, distínguense os seguintes tipos de alturas.

Altura máxima do edificio: é a altura do edificio máxima definida en cada ordenanza.

Altura de coroación ou do edificio: distancia vertical entre a cota de referencia e a liña de cuberta máis alta da edificación.

Altura de cornixa: distancia vertical entre a cota de referencia e a intersección entre o plano que constitúe a cara superior da cuberta e o plano vertical correspondente á cara exterior da fachada.

Altura de planta: distancia vertical entre as caras superiores de dúas placas consecutivas.

Altura libre de planta: distancia vertical entre a cara superior do pavimento terminado dunha planta e a cara inferior terminada do teito ou falso teito da mesma planta.

Para estes efectos, defínese no artigo 13 a cota de referencia ou de orixe como a rasante do punto que o planeamento define para unha aliñación ou liña de edificación como orixe da medición dos diversos criterios de medir as alturas da edificación.

Artigo 20. Construcións por enriba da altura máxima

Sobre a altura máxima permitida poderán autorizarse outras construcións como as chemineas, antenas e instalacións especiais, sempre que estean debidamente xustificadas.

Sobre a cuberta da edificación permitirase a construción de aparcadoiros privados de vehículos, así como a instalación de colectores solares e/ou paneis solares e as súas instalacións auxiliares.

Artigo 21. Tipoloxías edificatorias

Para os efectos deste proxecto de interese autonómico establécense as seguintes tipoloxías:

Edificación exenta illada: é aquela edificación en parcela independente en que todas as súas fachadas están recuadas respecto aos seus correspondentes lindeiros.

Edificación apegada: é aquela edificación situada en parcela independente en que a fachada ou fachadas laterais cegas están unidas a outras edificacións formando parede medianeira.

Edificación pareada: é un caso particular da edificación apegada, formada pola agrupación unicamente de dous edificios.

Artigo 22. Posibilidade de entresollado de oficinas ou almacéns e de disposición de plantas anexas

Serán admisibles entresollados interiores, de oficinas ou almacéns, nun 25 % da planta da edificación, computables para os efectos de edificabilidade.

Altura de entresollado: 3 metros de altura desde o piso ata o teito. Non obstante, en locais comerciais, de servizos, oficinas e despachos, a altura poderá reducirse a 2,5 metros.

Artigo 23. Plantas da edificación

Considérase planta toda superficie acondicionada para desenvolver nela unha actividade.

Planta soto: planta da edificación, situada por debaixo doutra planta, na cal a cara inferior da placa que forma o seu teito queda por debaixo do nivel da rasante en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso cando o uso deste sexa aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada, nin máis de 6 metros. Esta excepción admítese unicamente nunha das fachadas do edificio.

Planta semisoto: planta da edificación situada por debaixo da planta baixa, na cal a distancia vertical desde a cara superior da placa que forma o seu teito ata o nivel de rasante é igual ou inferior a 1 metro en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso cando o seu uso sexa aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada nin máis de 6 metros. Esta excepción admítese unicamente nunha das fachadas do edificio. Cando a dita distancia exceda 1 metro, considerarase planta baixa.

Planta baixa: planta da edificación onde a distancia vertical entre a cara superior da súa placa de solo e o nivel da rasante situada por debaixo daquel non excede 1 metro, sen prexuízo do disposto no punto anterior. Cando a dita distancia exceda 1 metro, considerarase planta piso ou alta.

Plantas piso: cada unha das plantas situadas por encima da planta baixa.

Artigo 24. Voos e peiraos de carga e descarga

As marquesiñas poderán ter un voo de 3 m.

Os voos das edificacións serán computables para os efectos de edificabilidade, coa excepción das marquesiñas.

Os peiraos de carga e descarga poderán recuar a liña de fachada, de tal xeito que quede garantido que os vehículos non invadan o espazo público durante as actividades de carga e descarga.

CAPÍTULO II

Ordenanzas xerais

Epígrafe I. Ordenación

Artigo 25. Ordenación do solo

A estrutura funcional e a ordenación do solo no ámbito do parque queda definida no plano Ordenación.

Artigo 26. Segregacións

Permítese a segregación de parcelas nos casos establecidos no artigo 28 seguinte. Se con motivo da segregación cómpre realizar obras complementarias de urbanización, estas realizaranse con cargo a quen inste a segregación.

Artigo 27. Agrupación de parcelas

Permítese a agrupación de parcelas coas seguintes finalidades:

a) Para formar outra parcela de maiores dimensións. A nova parcela cumprirá as condicións establecidas para a tipoloxía definida nos planos de ordenación e nas ordenanzas particulares.

b) Para cambiar a tipoloxía por agrupación de parcelas.

Artigo 28. Normas comúns ás agregacións e segregacións de parcelas

Toda agrupación ou segregación de parcelas deberá cumprir as seguintes condicións:

a) Resolverá os accesos viarios ás subparcelas resultantes.

b) Os lindes laterais resultantes de agrupacións e segregacións serán ortogonais á aliñación á vía.

c) Respectará a estrutura urbanística establecida no proxecto de interese autonómico.

d) Admitirá as acometidas aos servizos urbanísticos.

e) Conformará parcelas edificables, de acordo coas condicións establecidas nas ordenanzas particulares deste proxecto de interese autonómico.

f) As parcelacións estarán suxeitas a licenza municipal.

Artigo 29. Estudos de detalle

En desenvolvemento do presente proxecto de interese autonómico, poderán redactarse estudos de detalle para parcelas, quinteiros ou unidades urbanas equivalentes definidas cos seguintes obxectivos:

a) Completar ou reaxustar as aliñacións e as rasantes establecidas neste plan.

b) Ordenar os volumes edificables de acordo coas especificacións que se establecen neste proxecto de interese autonómico.

c) Concretar as condicións estéticas e de composición da edificación, complementarias das establecidas neste proxecto de interese autonómico.

Artigo 30. Cesións de solo

Este proxecto de interese autonómico determina, no ámbito, os seguintes elementos destinados ao uso e dominio públicos que poderán ser, pola súa vez, obxecto de cesión:

– Sistemas viarios.

– Espazos libres públicos.

– Equipamento público.

Epígrafe II. Ordenanzas de uso

Artigo 31. Definición e clasificación

Os usos poderán clasificarse en:

a) Uso característico: considérase uso característico o uso maioritario dos integrados no ámbito, é dicir, o uso industrial.

b) Uso maioritario ou principal: uso permitido que dispón de maior superficie edificable computada en metros cadrados de teito.

c) Uso alternativo: uso que pode substituír na súa totalidade o uso principal.

Para os efectos destas ordenanzas, considérase que o uso alternativo pode substituír na súa totalidade o uso principal a nivel de parcela.

d) Usos complementarios: usos permitidos cuxa implantación vén determinada, como demanda do uso principal e nunha proporcionada relación con este, por exixencia da normativa urbanística, sectorial ou do propio planeamento.

e) Usos compatibles: usos permitidos que o planeamento considera que, en determinada proporción, poden substituír o principal sen que este perda o seu carácter, é dicir, que siga contando coa maior superficie edificable.

f) Usos prohibidos: usos que sexan contrarios á ordenación urbanística proposta.

Artigo 32. Uso industrial: definición e clasificación

Defínese como industrial aquel uso que comprende as actividades destinadas ao almacenamento, distribución, obtención, elaboración, transformación e reparación de produtos. Distínguense, entre outros, os seguintes usos industriais pormenorizados:

a) Produtivo: aquel uso que comprende as actividades de produción de bens propiamente dita.

b) Almacenaxe: aquel uso que comprende o depósito, garda e distribución grosista tanto dos bens producidos como das materias primas necesarias para realizar o proceso produtivo.

c) Loxístico: aquel uso que comprende as operacións de distribución a grande escala de bens producidos, situadas en áreas especializadas para este fin, asociadas a infraestruturas de transporte de longo percorrido.

Artigo 33. Réxime do uso industrial

a) Usos alternativos: o terciario, en caso de ser necesario dotar o parque de parcelas de uso terciario, este poderá substituír o uso principal dunha determinada parcela.

b) Usos complementarios: cando o uso industrial sexa o principal da parcela poderán admitirse os usos complementarios seguintes:

– Terciario-oficinas: vencelladas ao uso industrial.

– Terciario-comercial: como exposición e venda en relación directa co uso industrial, e cunha ocupación inferior o 40 % da superficie construída.

– Garaxe-aparcadoiro.

– Vivenda, en parcelas de máis de 5.000 m2 de superficie, e cunha superficie máxima de 150 m2, para uso do persoal de garda e vixilancia, en caso de ser necesario.

c) Usos prohibidos: todos os demais.

Artigo 34. Uso terciario: definición e clasificación

Defínese como terciario aquel uso que comprende as actividades destinadas ao comercio, o turismo, o lecer ou a prestación de servizos. Distínguense, entre outros, os seguintes usos terciarios pormenorizados:

a) Comercial.

Comprende as actividades destinadas á subministración de mercadorías ao público mediante a venda ao retallo, ou á prestación de servizos a particulares. Distínguense as grandes superficies comerciais das convencionais, en virtude da súa normativa específica.

b) Oficinas.

Comprende os usos de locais destinados á prestación de servizos profesionais, financeiros, de información e outros, sobre a base da utilización e transmisión de información, ben ás empresas ou ben aos particulares.

c) Hoteleiro.

Comprende as actividades destinadas a satisfacer o aloxamento temporal.

d) Recreativo.

Comprende as actividades vinculadas ao lecer e ao recreo en xeral.

Artigo 35. Réxime do uso terciario

a) Usos complementarios.

Cando o uso terciario é o principal da parcela, permítense ademais os usos seguintes:

Industrial: en planta baixa e semisoto, sempre que non sexan os usos industriais incompatibles, determinados na lista do artigo 36.

Dotacional.

Garaxe-aparcadoiro.

b) Usos prohibido: todos os demais.

Artigo 36. Actividades industriais incompatibles co uso terciario

1. Sector da construción:

Plantas clasificadoras de agregados.

Plantas de fabricación de formigón.

Fabricación de aglomerados asfálticos.

Instalacións destinadas a extracción de amianto, así como o tratamento e transformación do amianto e dos produtos que conteñen amianto.

2. Industrias agroalimentarias:

Fábricas de féculas industriais.

Fábricas de pensos compostos.

3. Industrias téxtiles e de papel:

Lavado, desengraxadura e branqueamento de la.

Obtención de fibras artificiais.

Tinguidura de fibras.

Tratamento de celulosa e industrias da reciclaxe do papel.

Industrias de fabricación de pasta de celulosa.

4. Instalacións siderúrxicas:

Fundición.

Estirado.

Laminación.

Trituración e calcinación de minerais metálicos.

Embutido e corte de metais.

Revestimento e tratamentos superficiais. Construción de estruturas metálicas.

5. Industria química:

Fabricación e formulación de pesticidas, produtos farmacéuticos, pinturas, vernices, elastómeros e peróxidos.

Fabricación e tratamento doutros produtos químicos.

Fabricación e tratamento de produtos a base de elastómeros.

Fabricación de fibras minerais artificiais.

Instalacións de fabricación de explosivos.

Fabricación de biocombustibles.

Produción de plásticos por extrusión, laminación ou operacións similares.

6. Instalacións de xestión dos residuos en xeral, de residuos sólidos urbanos e asimilables a urbanos.

Artigo 37. Uso dotacional

Defínese como dotacional aquel uso localizado nos sistemas de infraestruturas de comunicacións, de espazos libres e zonas verdes, de equipamentos e de infraestruturas de redes de servizos, que comprende as instalacións e servizos destinados á satisfacción das necesidades dos cidadáns, entre os que se inclúe a vivenda destinada exclusivamente ao persoal encargado da vixilancia e conservación dos usos desenvolvidos en todo o ámbito.

Distínguense, entre outros, os seguintes usos dotacionais pormenorizados:

a) Infraestruturas de comunicación viaria: aquel que inclúe o solo necesario para asegurar un nivel adecuado de mobilidade terrestre. Comprende as infraestruturas de transporte terrestre para calquera modalidade de tránsito, como son as estradas, os camiños, as rúas e os aparcadoiros.

b) Servizos urbanos: aquel que inclúe o conxunto de redes, instalacións e espazos asociados, destinados á prestación de servizos urbanísticos, como son os de captación, almacenamento, tratamento e distribución de auga, saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, recollida, depósito e tratamento de residuos, subministración de gas, enerxía eléctrica, telecomunicacións e demais servizos esenciais ou de interese xeral.

c) Espazos libres e zonas verdes: aquel uso que comprende os espazos libres como prazas e áreas peonís, e as zonas verdes como áreas de xogo, xardíns, paseos peonís e parques.

1º. Prazas e áreas peonís: espazos libres urbanos, caracterizados por estaren preferentemente ao aire libre, teren carácter peonil, estaren maioritariamente pavimentados e destinárense á estadía e convivencia social e cidadá.

2º. Paseos peonís: zonas verdes de desenvolvemento lineal e preferentemente arborados, destinados ao paseo e á estadía das persoas.

3º. Áreas de xogo: zonas verdes localizadas ao aire libre e dotadas do mobiliario e características adecuadas para seren destinadas a xogos infantís ou deporte ao aire libre.

4º. Parques e xardíns: zonas verdes caracterizadas por estaren ao aire libre, teren carácter peonil, estaren maioritariamente axardinadas e destinárense á estadía e convivencia social e cidadá.

d) Equipamentos: aquel uso que comprende as diferentes actividades destinadas a satisfacer as necesidades dos cidadáns, distinguindo:

1º. Sanitario-asistencial: aquel que comprende as instalacións e servizos sanitarios, de asistencia ou benestar social.

2º. Educativo: aquel que comprende as actividades destinadas á formación intelectual: centros docentes e de ensino en todos os seus niveis e para todas as materias obxecto de ensino.

3º. Cultural: aquel que comprende as actividades de índole cultural, como bibliotecas, museos, teatros, auditorios, aulas da natureza e outros servizos de análoga finalidade.

4º. Deportivo: aquel uso que comprende as actividades destinadas á práctica de deportes en recintos pechados, tanto ao aire libre coma no interior.

5º. Administrativo-institucional: aquel uso que comprende os edificios institucionais e dependencias administrativas, xudiciais, diplomáticas e de análoga finalidade.

6º. Servizos públicos: aquel que comprende instalacións relacionadas con servizos públicos como protección civil, seguridade cidadá, cemiterios, prazas de abastos e outros análogos.

7º. Dotacional múltiple: cualificación xenérica para reservas de solo con destino a equipamentos ás cales non se lles asigne un uso específico no momento da xestión do instrumento de planeamento, deixando a súa definición para un momento posterior.

8º. Residencial: destinado exclusivamente ao persoal encargado da vixilancia e conservación da industria, coas determinacións establecidas na lexislación vixente e cunha única vivenda de 150 m2 como máximo, por cada parcela edificable de superficie maior ou igual a 5.000 m2. A superficie destinada a este uso computará a edificabilidade.

Epígrafe III. Ordenanzas de urbanización

Artigo 38. Contidos dos proxectos de urbanización

Os proxectos de urbanización ou proxectos técnicos que desenvolvan as determinacións deste plan estarán constituídos polos seguintes documentos:

– Memoria e anexos.

– Planos.

– Prego de prescricións técnicas particulares.

– Medicións e orzamento.

– Estudio de seguridade e saúde.

Artigo 39. Rede viaria

O deseño e execución da rede viaria realizarase de conformidade coas determinacións establecidas pola Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio. Os accesos ás estradas de titularidade autonómica regúlanse nos artigos 127 a 132 do Regulamento xeral de estradas de Galicia e na Orde circular 2/2017 pola que se regulan os accesos na Rede autonómica de estradas de Galicia.

Para calcular a pavimentación terase en conta tanto o espesor das capas de firme como o material que se vai empregar na capa de rodaxe, atendendo ao tráfico previsto.

As calzadas realizaranse con pavimentos flexibles mediante o emprego de firmes asfálticos, a base de mesturas bituminosas en quente, ou con pavimentos ríxidos de formigón.

O pavimento das beirarrúas será homoxéneo e antiescorregante e pode utilizarse o enlousado con baldosas hidráulicas ou cerámicas, ou pavimentos continuos de formigón.

Deberase prever a drenaxe profunda das vías en casos onde o nivel freático do terreo estea próximo á superficie.

Os bordos serán prefabricados de formigón dobre capa, de sección maciza, asentados sobre soleira de formigón HM-20 con 10 cm de recubrimento.

O deseño e dimensionamento das beirarrúas, bordos, accesos a edificios, etc. axustarase ás disposicións contidas na Lei 10/2014, de accesibilidade, e demais normas vixentes en materia de accesibilidade e supresión de barreiras.

Os proxectos de urbanización sinalizarán as prazas de aparcadoiro previstas na rede viaria e reservaranse as prazas que regulamentariamente correspondan para persoas con mobilidade reducida, que contarán coa correspondente sinalización. Tamén se sinalarán no dito proxecto de urbanización as faixas para plantar árbores ao longo da beirarrúa.

O proxecto de urbanización poderá modificar xustificadamente os materiais propostos nesta normativa.

Artigo 40. Infraestruturas de servizos e elementos de urbanización

Enténdese por infraestruturas de servizos as construcións, instalacións e espazos asociados destinados aos servizos de abastecemento de auga, evacuación e depuración de augas residuais, subministración de enerxía eléctrica, gas e telecomunicacións.

Para os efectos de aplicación do Regulamento sobre accesibilidade e supresión de barreiras, considéranse elementos de urbanización calquera compoñente das obras de urbanización, entendendo por estas as referentes a pavimentación, xardinaría, saneamento, rede de sumidoiros, iluminación, redes de telecomunicación e redes de subministración de auga, electricidade, gases e aquelas que materializan as indicacións contidas neste plan.

Os elementos de urbanización integrados en espazos de uso público posuirán con carácter xeral unhas características de deseño e execución tales que non constitúan obstáculo á liberdade de movementos das persoas con limitacións e mobilidade reducida.

En caso de existencia de tapas, rexistros... na calzada, orientaranse tendo en conta as xuntas dos elementos do pavimento, e nivelaranse de forma que non resalten sobre este. Os ditos elementos deberán reforzarse mediante cerco de formigón.

Artigo 41. Rede de abastecemento de auga

Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, o abastecemento de auga cumprirá as seguintes condicións:

– A dotación de auga será de 0,25 l/s/ha segundo o establecido na memoria do proxecto de interese autonómico.

– A rede xeral deberá ser mallada excepto nos seus ramais de menor xerarquía, con válvulas de corte nos cruzamentos de forma que permita obter treitos independentes. As ditas válvulas serán de fundición dúctil, estarán dotadas de volante e irán aloxadas en arqueta.

– Canalizacións: o diámetro mínimo da rede xeral será de 90 mm e empregaranse tubos de fundición dúctil ou polietileno de alta densidade. Poderanse deseñar ramais secundarios e acometidas con diámetros menores.

– A presión normalizada de proba en fábrica de todos os elementos da rede non será inferior a 16 atmosferas.

– A presión mínima de traballo das tubaxes será de 1 atm.

– As canalizacións irán preferentemente baixo as beirarrúas, a una profundidade mínima de 60 cm, a un nivel sempre superior ao da rede de saneamento, e cunha distancia mínima desta de 30 cm.

– As tapas de rexistro levarán grafada a denominación da rede e serán de fundición dúctil de 40T de resistencia, con sistema de apertura antirroubo e abisagradas. Serán recibidas na estrada mediante un marco de formigón HM-25 de 25 cm de espesor.

– Executaranse acometidas de auga de tal xeito que a partir dunha única derivación se poidan abastecer dúas parcelas.

– Disporanse bocas de rega conectadas á rede de distribución ou en rede independente.

– A protección contra incendios resolverase mediante hidrantes. Disporase de forma perimetral dunha rede de hidrantes homologados para a extinción de incendios ou, na súa falta, de tomas de auga, de acordo co que se estableza regulamentariamente na normativa específica para a construción.

– Todos os novos desenvolvementos residenciais e industriais deberán dispoñer dun sistema de abastecemento que conte coa correspondente autorización de aproveitamento de augas do organismo de bacía para a obtención da correspondente licenza de obra. Porén, se a conexión fose a redes de abastecemento preexistentes xa autorizadas e con capacidade suficiente de recurso, será o órgano titular do dito abastecemento o encargado de outorgar a dita autorización.

Artigo 42. Redes de saneamento

As condicións mínimas exixibles á rede de saneamento de augas fecais e pluviais serán as seguintes:

– Sistema: separativo.

– Velocidade de circulación da auga: entre 0,5 e 3 metros/segundo.

– Acometidas: terán unha pendente mínima do 2 % e conectaranse directamente a pozo. Disporanse arquetas de acometida independentes á rede de fecais e á de pluviais en todas as parcelas.

– Pozos: executaranse os pozos de tal xeito que se poidan conectar como mínimo dúas parcelas. A distancia máxima entre pozos de rexistro será de 50 metros.

– Profundidade da rede: a profundidade mínima da rede será de 1,00 metro á xeratriz superior da canalización. As conducións irán preferentemente baixo zona de aparcadoiro ou beirarrúas.

– Canalizacións: o diámetro mínimo será de 315 mm e o material que se utilice será PVC ou formigón armado con enchufe de campá e xunta de goma. A pendente mínima será de 0,5 % en caso de tubos de PVC, ou o 1 % en caso de tubos de formigón; a pendente máxima non poderá superar o 6 %.

– Caudais: os valores dos caudais de augas fecais que hai que ter en conta para o cálculo do saneamento serán os mesmos que os obtidos para a rede de distribución de auga potable.

– As tapas de rexistro levarán grafada a denominación da rede e serán de fundición dúctil de 40T de resistencia, con sistema de apertura antirroubo e abisagradas. En caso de localizárense na calzada ou na zona de aparcadoiro serán recibidas na estrada mediante un marco de formigón HM-25 de 25 cm de espesor.

– Todos os desenvolvementos urbanos ou industriais deberán dispoñer dun sistema de depuración para os novos caudais de augas residuais xerados e, así mesmo, estes sistemas de depuración e outros que se executen en núcleos existentes deberán obter a autorización de vertedura correspondente para a obtención de licenza de obra. Porén, se a conexión fose a redes de saneamento preexistentes xa autorizadas e con capacidade suficiente de recurso, será o órgano titular da dita vertedura o encargado de outorgar a dita autorización.

Artigo 43. Redes de enerxía eléctrica

As condicións exixibles ás redes de enerxía eléctrica serán as seguintes:

– Consumo medio mínimo que se considerará no cálculo da instalación: 25 W/m2 de superficie neta.

– Todas as parcelas deberán ter posibilidade de subministración en BT, independentemente da previsión da potencia que teñan adscrita.

– As parcelas con demanda previsible superior a 50 kW disporán de subministración de MT. Cando a subministración posible sexa inferior a 50 kW, a subministración realizarase unicamente en BT.

– Os centros de transformación irán sobre superficie ou soterrados, con casetas prefabricadas ou de obra de fábrica. A súa localización será en zonas de uso público ou en parcelas de servizos definidas expresamente para albergar a instalación.

– Deberase consensuar o deseño da rede coa compañía distribuidora.

Artigo 44. Iluminación pública

– A rede de iluminación pública será soterrada e executarase preferentemente baixo a beirarrúa.

– A instalación de iluminación cumprirá o Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

– Os valores lumínicos serán establecidos, segundo o tipo de vía, polos correspondentes proxectos técnicos, cumprindo os niveis do Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior.

– Establécese un nivel de iluminación medio de 20 lux en vías.

– A iluminación pública responderá ás súas necesidades, pero sen xerar un punto de atracción lumínica para os posibles espectadores exteriores.

Con este obxecto prestarase atención á intensidade, cor e dirección da iluminación, así como á utilización de tipos de luminarias acordes coa contorna.

Artigo 45. Telecomunicacións

– A rede de iluminación pública será soterrada e executarase preferentemente baixo a beirarrúa.

– Realizarase una rede común con capacidade suficiente para que poida dar servizo máis dun operador.

– Para a elaboración do proxecto da rede teranse en conta, sempre que sexa posible e economicamente viable, as normativas das compañías subministradoras.

– A rede realizarase con tubos normalizados de PVC ou polietileno, embebidos en prisma de formigón. As arquetas serán de formigón prefabricado ou realizadas in situ, de xeito que haxa arqueta de acometida das dúas parcelas, desde a que se estenderá un tubo de acometida de 40 mm a cada unha delas.

Artigo 46. Publicidade

Entendese por publicidade toda acción encamiñada a difundir entre o público marcas, símbolos ou calquera tipo de información de produtos e servizos coa finalidade de promover directa ou indirectamente o consumo ou a contratación de bens ou servizos.

Permítese a instalación de elementos publicitarios na vía pública como soporte dun directorio en que figure a relación das empresas do contorno e a súa localización dentro do parque, ou información de interese público de carácter dotacional (exposicións, eventos, etc.).

Nos espazos libres e zonas verdes permitirase a instalación dun cartel corporativo que permita identificar o parque empresarial de Palas de Rei e facelo visible respectando as zonas de servidume ou afeccións que se recollan na lexislación sectorial vixente.

Procurarase a normalización destes elementos mediante a definición de materiais e sistemas construtivos que contribúan a ofrecer unha imaxe homoxénea e identificable da paisaxe urbana.

Todas as instalacións publicitarias, paneis e sinalética cumprirán as condicións establecidas pola lexislación sectorial de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas en canto á sinalización e información accesibles, e non deberán:

– Producir cegamentos visuais.

– Inducir a confusión con sinais de tráfico.

– Impedir a perfecta visibilidade en zonas de tránsito peonil e rodado.

Estas instalacións deberán situarse nun plano inferior ás liñas de nivel das superficies limitadoras das servidumes aeronáuticas definidas para o aeródromo de Rozas.

Artigo 47. Conexións exteriores

O proxecto de urbanización deberá definir as conexións exteriores necesarias para dotar de servizo as redes do parque.

Epígrafe IV. Ordenanzas da edificación

Artigo 48. Condicións de estética e integración ambiental e paisaxística

a) Edificacións.

A composición das edificacións será libre.

As construcións auxiliares e instalacións complementarias das industrias deberán tratarse con iguais niveis de remate ca edificación principal.

b) Fachadas.

Consideraranse como fachadas, e como tales deberán ser tratados, todos os paramentos que constitúan o pechamento das construcións. Permítense os recebos e obrígase ao seu mantemento permanente en bo estado de conservación.

c) Cubertas.

Nas edificacións industriais prohíbese o uso de fibrocemento na súa cor natural, cando poida quedar visto.

d) Materiais.

Prohíbese o emprego de materiais de deficiente conservación, así como a utilización nos paramentos exteriores de pinturas facilmente alterables polos axentes atmosféricos ou de combinacións agresivas de cor.

Limitaranse as superficies metálicas brillantes, que aumentan a visibilidade do conxunto a longas distancias. Para evitar tal efecto cómpre elixir materiais e cores que suavicen o contraste coa contorna e empregarase como referencia a Instrución de uso U07 da Guía de cor e materiais para a grande área paisaxística (GAP) de Galicia central respecto a fondos, elementos compositivos de fachada, carpintarías e cerrallarías:

Grao de escuridade. Utilizarase unha escuridade non inferior a 15 e non superior a 50. Isto significa que a nomenclatura da cor que se utilice deberá ser, segundo a carta NCS: NCS S NNXX- XXXX, estando NN entre 15 e 50, incluídos.

Grao de saturación. Utilizaranse unha saturación menor ou igual que 05. Isto significa que a nomenclatura da cor que se utilice deberá ser, segundo a carta NCS: NCS S XXNN- XXXX, sendo NN inferior ou igual a 05.

Cor. Poderá elixirse calquera cor, sempre que teña a escuridade e a saturación previstas.

Nos fondos, elementos compositivos, carpintarías, cerrallarías e cubertas, utilizarase:

– Calquera material cun acabamento, tanto se é natural como adquirido, dunha das cores das cartas propostas, que non sexa cun acabamento brillante.

– Madeira.

– Cubertas e muros vexetais.

e) Cerramentos.

Os cerramentos das parcelas terán unha altura máxima de 2,50 m e procurarán unha imaxe homoxénea.

Salvo que por exixencias da actividade se requiran cerramentos opacos, estes serán abertos, mediante redes metálicas ou reixas, e poderá integrarse vexetación no seu deseño.

No caso de seren opacos poderán ser macizos nos primeiros 1,50 metros e o resto con materiais diáfanos: celosía lixeira, enreixado, balaustrada ou solucións semellantes.

Na formación de portais de acceso poderase chegar ata unha altura máxima de 3,00 metros, nunha lonxitude que non supere os 5,00 metros de fronte.

A construción do cerramento común a dúas parcelas correrá a cargo da industria que primeiro se estableza.

No suposto de parcelas lindeiras con diferenzas de alturas entre as cotas do terreo, construiranse muros seguindo o límite da parcela para a contención de terras.

Exceptúanse de cumprir as condicións anteriores aqueles edificios que, en razón do seu destino, requiran especiais medidas de seguridade que deberán ser motivadas. Nestes casos, o cerramento axustarase ás súas necesidades particulares.

f) Espazos libres de edificación.

Nos espazos libres de edificación serán usos admisibles os de aparcadoiro, almacenamento en superficie, instalacións de infraestruturas, casetas de servizos e zona axardinada.

Os espazos libres de edificación deberán tratarse con pavimentos adecuados ou axardinamento que delimite o seu uso específico, e manterse en perfecto estado de limpeza e uso.

Prohíbese utilizar estes espazos como depósitos de residuos.

g) Barreiras vexetais.

Disporanse barreiras vexetais para a ocultación de zonas de acumulación ou depósito permanente de materiais que poidan producir un impacto visual na contorna. Para iso empregaranse preferentemente especies arbóreas e arbustivas autóctonas de diferente porte, evitando as plantacións lineais e distribuíndo especies de maior porte naquelas zonas que teñan un maior impacto visual, co fin de mitigar a súa visibilidade.

h) Arboredo singular.

Preservaranse os exemplares singulares de arboredo que, pola súa localización, poidan ser compatibles co uso produtivo da parcela.

Artigo 49. Condicións de accesibilidade

Son as condicións a que teñen que someterse as edificacións para os efectos de garantir a axeitada accesibilidade aos distintos locais e pezas, instalacións ou servizos propios que as compoñen, sendo de obrigado cumprimento as disposicións contidas na Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade na Comunidade Autónoma de Galicia, e noutras normas existentes nesta materia.

Artigo 50. Condicións de seguridade

Axustaranse ao disposto no Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios en establecementos industriais, no Documento básico de seguridade contra incendios do Código técnico da edificación, na Ordenanza xeral de seguridade e saúde no traballo e demais disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación.

O ámbito de aplicación do Regulamento de seguridade contra incendios en establecementos industriais, son os establecementos industriais. Para estes efectos entenderanse como tales:

a) As industrias, tal e como se definen no artigo 3.1 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria.

b) Os almacenamentos industriais.

c) Os talleres de reparación e os estacionamentos de vehículos destinados ao servizo de transporte de persoas e transporte de mercadorías.

d) Os servizos auxiliares ou complementarios das actividades comprendidas nos parágrafos anteriores.

e) Aplicarase, ademais, a todos os almacenamentos de calquera tipo de establecemento cando a súa carga de lume total, calculada segundo o anexo I, sexa igual ou superior a tres millóns de megajoules (MJ).

Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste regulamento as actividades industriais e obradoiros artesanais e semellantes, cuxa densidade de carga de lume, calculada de acordo co anexo I, non supere 10 Mcal/m2 (42 MJ/m2), sempre que a súa superficie útil sexa inferior ou igual a 60 m2, agás no recollido nos números 8 e 16 do anexo III.

Artigo 51. Condicións de hixiene

As edificacións axustaranse ás disposicións establecidas na lexislación laboral, sanitaria e sectorial vixente, así como ás disposicións da lexislación vixente sobre emisións á atmosfera, augas residuais, ruídos e vibracións. Así mesmo, teranse en conta as condicións establecidas nas normas de sustentabilidade e protección do ambiente destas ordenanzas reguladoras.

Permítense sotos cando se xustifique debidamente, de acordo coas necesidades da actividade. Non se poderán utilizar como locais de traballo.

Epígrafe V. Ordenanzas de sustentabilidade ambiental
e protección do ambiente, do patrimonio cultural e da paisaxe

Artigo 52. Protección dos recursos hídricos

A protección das augas, así como a regulación das verteduras de actividades que poidan contaminar o dominio público hidráulico, realizarase conforme o disposto no:

Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba a Lei de augas.

Real decreto lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de augas.

Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da planificación hidrolóxica.

Real decreto 125/2007, do 2 de febreiro, polo que se fixa o ámbito territorial das demarcacións hidrográficas.

Real decreto 1/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproba a revisión do Plan hidrolóxico da parte española da demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

Real decreto 49/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Garantiranse os requirimentos de calidade da auga de consumo humano conforme o disposto na lexislación sobre os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

No caso de verteduras asimilables a augas residuais urbanas, que se realicen na rede de saneamento xeral, estas deberán realizarse segundo a normativa municipal de verteduras, tendo en conta as seguintes limitacións:

a) En relación a protección da rede.

Ningunha persoa física ou xurídica descargará, depositará ou permitirá que se descargue ou deposite no sistema de saneamento calquera auga residual que conteña:

Aceites e graxas: concentracións ou cantidades de sebos, ceras, graxas e aceites totais que superen os índices de calidade dos afluentes industriais, xa sexan emulsións ou non, ou que conteñan substancias que poidan solidificar ou volverse viscosas a temperaturas entre 0 e 40 grados centígrados no punto de descarga.

Mesturas explosivas: líquidos, sólidos ou gases que, pola súa natureza e cantidade, sexan ou poidan ser suficientes, por si ou por interacción con outras substancias, para provocar lumes ou exposicións ou ser prexudiciais en calquera outra forma ás instalacións da rede de sumidoiros ou ao funcionamento dos sistemas de depuración. Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva: gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, alcohois, cetonas, aldehidos, peróxidos, cloratos, percloratos, bromatos, carburos, hidruros e sulfuros.

Materiais nocivos: sólidos, líquidos ou gases fedorentos ou nocivos, que xa sexa por si ou por interacción con outros refugallos, sexan capaces de crear unha molestia pública ou perigo para a vida, ou que sexan ou que poidan ser suficientes para impedir a entrada nun sumidoiro para o seu mantemento ou reparación.

Residuos sólidos ou viscosos: refugallos sólidos ou viscosos que provoquen ou poidan provocar obstrucións no fluxo dos sumidoiros e interferir en calquera outra forma co adecuado funcionamento do sistema de depuración. Os materiais prohibidos inclúen en relación non exhaustiva: lixo non triturado, tripas ou tecidos de animais, esterco ou sucidades intestinais, ósos, pelos, peles ou carnazas, entrañas, plumas, cinza, escouras, areas, cal, pos de pedra ou mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, grans, lúpulo, refugallos de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, pinturas, residuos do procesamento de combustibles ou aceites lubricantes e substancias similares.

Substancias tóxicas inespecíficas: calquera substancia tóxica en cantidades non permitidas por outras normativas ou leis aplicables, compostas por químicos ou substancias capaces de producir cheiros indesexables, ou toda substancia que non sexa susceptible de tratamento ou que poida interferir nos procesos biolóxicos ou na eficiencia do sistema de tratamento ou que pase a través do sistema.

Materiais coloreados: materiais con coloracións obxeccionais, non eliminables co proceso de tratamento empregado.

Materiais quentes: a temperatura global da vertedura non superará os 40º graos centígrados.

Residuos corrosivos: calquera residuo que provoque corrosión ou deterioración da rede de sumidoiros ou no sistema de depuración. Todos os refugallos que se descarguen á rede de sumidoiros deben ter un valor do índice de pH comprendido no intervalo de 5,5 a 10 unidades. Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva: ácidos, bases, sulfuros, sulfatos, cloruros, e fluoruros concentrados e substancias que reaccionen coa auga para formar produtos ácidos.

Gases ou vapores: o contido en gases ou vapores nocivos ou tóxicos debe limitarse na atmosfera de todos os puntos da rede, onde traballe ou poida traballar o persoal de saneamento.

Para os gases máis frecuentes, as concentracións máximas permisibles na atmosfera de traballo serán:

Dióxido de xofre: 5 partes por millón.

Monóxido de carbono: 100 partes por millón.

Cloro: 1 parte por millón.

Sulfuro de hidróxeno: 20 partes por millón.

Cianuro de hidróxeno: 10 partes por millón.

Para tal fin, limitarase nas verteduras o contido en substancias potencialmente produtoras de gases ou vapores a valores tales que impidan que, nos puntos próximos aos de descarga da vertedura, onde poida traballar o persoal, se superen as concentracións máximas admisibles.

Índices de calidade: en ausencia de normativa que regule as verteduras de augas residuais á rede de saneamento, estas non deberán superar as seguintes concentracións máximas que se relacionan:

Parámetros

Valor límite

Unidades

pH

5,5 - 9

1,2 Dicloroetano

0,4

mg/l

Aceites e graxas

100

mg/l

Aldehidos

2

mg/l

Aluminio

10

mg/l

Amoníaco

30

mg/l

AOX

2

mg/l

Arsénico

1

mg/l

Bario

10

mg/l

Boro

3

mg/l

BTEX

5

mg/l

Cadmio

0,1

mg/l

Cianhídrico

10

cc/m3 de aire

Cianuros

0,5

mg/l

Cianuros disoltos

1

mg/l

Cloro

1

Cloruros

2000

mg/l

Cobre

3

mg/l

Condutividade eléctrica (25ºC)

5000

μs/cm

Cor

Inapreciable en dilución 1/30

Cromo hexavalente

0,5

mg/l

Cromo total

2

mg/l

DBO5

500

mg/l

DQO

1000

mg/l

Deterxentes

6

mg/l

Dióxido de xofre

15

mg/l

Estaño

3

mg/l

Fenois totais

1

mg/l

Fluoruros

10

mg/l

Fosfatos

60

mg/l

Fósforo total

40

mg/l

Hidrocarburos

15

mg/l

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

0,2

mg/l

Ferro

10

mg/l

Manganeso

5

mg/l

Materias inhibidoras

20

equitox

Mercurio

0,01

mg/l

Níquel

2

mg/l

Nitratos

50

mg/l

Nitróxeno amoniacal

30

mg/l

Nitróxeno total Kjendahl

40

mg/l

Nonilfenol

1

mg/l

Percloroetileno

0,4

mg/l

Pesticidas

0,1

mg/l

Praguicidas

0,1

mg/l

Chumbo

1

mg/l

Selenio

0,5

mg/l

Sólidos en suspensión

500

mg/l

Sulfatos

400

mg/l

Sulfhídrico

20

cc/m3 de aire

Sulfuros disoltos

0,3

mg/l

Sulfuros totais

1

mg/l

Temperatura

30

ºC

Deterxentes aniónicos

6

mg/l

Triazinas totais

0,3

mg/l

Tributilestaño

0,1

mg/l

Triclorobenceno

0,2

mg/l

Cinc

2

mg/l

A disolución de calquera vertedura de augas residuais practicada coa finalidade de satisfacer estas limitacións será considerada unha infracción a esta ordenanza, salvo nos casos declarados de emerxencia ou perigo.

– Residuos radioactivos: refugallos radioactivos ou isótopos de tal vida media ou concentración que non cumpran cos regulamentos ou ordes emitidos pola autoridade pertinente, da cal dependa o control sobre o seu uso, que provoquen ou poidan provocar danos ou perigos para as instalacións ou ás persoas encargadas do seu funcionamento.

Toda instalación industrial quedará sometida ás especificacións, controis e normas contidas nas ordenanzas municipais.

b) En relación coa protección da estación depuradora.

Non se admitirán corpos que poidan producir obstrucións nas conducións e grupos de bombeo.

Non se admitirán sustancias capaces de producir fenómenos de corrosión e/ou abrasión nas instalacións electromecánicas.

Non se admitirán sustancias capaces de producir espumas que interfiran nas operacións das sondas de nivel e/ou afecten as instalacións eléctricas, así como os procesos de depuración.

Non se admitirán sustancias que poidan producir fenómenos de flotación e interferir nos procesos de depuración.

c) En relación coa composición química e biolóxica do efluente.

Efectuarase unha predepuración das augas antes da súa vertedura aos colectores públicos.

Dotarase un paso por un separador de hidrocarburos das augas pluviais, antes vertelas ou empregalas para a rega das zonas verdes.

En ausencia de normativa específica, será obrigatorio en calquera caso que as verteduras admitidas na depuración conxunta non superen os límites de concentración seguintes:

Parámetro

Valores límite

Materiais en suspensión

1.000 ppm

Materiais sedimentables

10 ml/l

DBO5

750 mg/l

DQO

1.500 mg/l

Sulfuros

5 ppm

Cianuros

6,00 mg/l

Formol

20 ppm

Dióxido de xofre

10 ml/l

Cromo hexavalente

0,20 mg/l

Cromo total

0,50 mg/l

Cobre

0,2 ppm

Níquel

2 ppm

Cinc

3 ppm

Os establecementos industriais que produzan augas residuais cuxas composicións cualitativas ou cuantitativas sexan superiores aos límites establecidos nas ordenanzas municipais, ou en ausencia deste, aos establecidos na presente normativa, estarán obrigados a depurar as súas augas previamente á súa vertedura aos colectores públicos.

Artigo 53. Protección do ambiente atmosférico

a) Emisións atmosféricas.

As emisións máximas permitidas á atmosfera regularanse mediante as disposicións vixentes na materia.

Prohíbese a queima de calquera tipo de residuos ou materiais que non conte coa autorización correspondente.

As industrias e instalacións que desenvolvan actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera adoptarán as medidas necesarias e as prácticas axeitadas nas actividades e instalacións, que permitan evitar ou reducir a contaminación atmosférica aplicando, na medida do posible, as mellores técnicas dispoñibles e empregando os combustibles menos contaminantes.

Durante o movemento de terras, transporte de materiais e, en xeral, en todas as accións que poidan provocar a emisión de partículas á atmosfera, tomaranse as precaucións necesarias para reducir a contaminación ao mínimo posible, evitando a dispersión. Deste xeito, disporanse medidas preventivas como realizar os labores en condicións atmosféricas favorables, recubrir os materiais que se transporten, regar as zonas e materiais afectados polas obras, etc.

b) Contaminación lumínica.

Preservaranse ao máximo posible as condicións naturais das horas nocturnas en beneficio da fauna, a flora e os ecosistemas en xeral, e reducirase a intrusión lumínica en zonas distintas ás que se pretende iluminar.

Terase en conta a frecuencia, distancia e tipoloxía das luminarias para evitar a sobreiluminación.

Axustaranse os horarios de acendido e apagado, recomendándose a instalación de redutores de fluxo.

A iluminación pública do sector industrial responderá ás súas necesidades, pero sen xerar un punto de atracción lumínica para os posibles espectadores exteriores. Prestarase atención á intensidade, cor e dirección da iluminación, así como á utilización de tipos de luminarias acordes coa contorna.

Artigo 54. Protección contra a contaminación acústica e vibratoria

Observarase o disposto no Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, que a desenvolve.

Durante a fase de urbanización, evitarase a realización de obras ou movementos de maquinaria fóra do período diúrno (das 7.00 ás 19.00).

Con carácter xeral, priorizaranse as medidas de redución da fonte emisora nas máquinas, nas infraestruturas, nos motores, nos pavimentos, nas actividades industriais, etc., empregando, na medida do posible, as mellores tecnoloxías dispoñibles e as boas prácticas ambientais que minimicen a emisión e limiten a transmisión do ruído e as vibracións.

Para a execución de obras e instalacións no contorno das estradas autonómicas, establécese como requisito previo ao outorgamento da licenza municipal a realización dos estudos necesarios para a determinación dos niveis sonoros esperables, así como para o establecemento das limitacións á edificabilidade ou da obrigatoriedade de dispor dos medios de protección acústica necesarios, en caso de superarse os limiares recomendados, segundo o establecido na normativa básica estatal en materia de ruído ou na correspondente normativa autonómica de desenvolvemento.

Artigo 55. Xestión dos residuos

Para a xestión dos residuos do parque empresarial serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, na Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, así como calquera outra normativa ou instrumentos de planificación vixentes.

No proxecto de urbanización habilitaranse lugares axeitados para situar as illas de recollida selectiva de residuos durante a execución das obras de urbanización. Prohíbese a provisión de residuos en condicións en que non se poida garantir a prevención da contaminación do sistema de saneamento, o sistema de drenaxe superficial, o solo ou o subsolo, e é obrigatorio o acondicionamento das zonas de provisión de forma previa, de forma que ademais de previr a contaminación se impida o acceso visual a estas provisións desde as vías ou as zonas habitadas.

No referente aos residuos de construción e demolición, a súa xestión farase en conformidade co disposto no Decreto 352/2002, do 5 de decembro, polo que se regula a produción dos residuos da construción e demolición para a Comunidade Autónoma galega, e no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

Artigo 56. Protección do solo

Durante o movemento de terras realizarase un tratamento selectivo das terras no cal, logo dos procesos de roza da cuberta vexetal, cuxos materiais serán convenientemente triturados e esparexidos para incorporalos de forma homoxénea ao solo, se amorearán as capas fértiles do solo e se conservarán en condicións axeitadas (cordóns de 1,5 a 2 m de altura, ben drenados). A terra vexetal será reempregada nos labores de axardinamento (conformando a primeira capa sobre a que se realizarán as plantacións), así como nos labores de restauración das áreas ocupadas temporalmente e das deterioradas polas obras.

Evitarase a degradación dos solos por materiais, residuos ou sustancias potencialmente contaminantes procedentes das obras ou da maquinaria, acondicionando espazos para o seu almacenamento e xestión, conformes coa lexislación.

Deberá prestarse especial atención á definición das áreas de circulación e estacionamento e almacenamento de materiais co obxectivo de reducir as superficies de alteración, evitar a invasión de terreos adxacentes e protexer os cursos fluviais e as súas proximidades.

Empregaranse solos permeables nas prazas de aparcadoiro que favorezan a drenaxe das augas pluviais e o desenvolvemento de liques e vexetación herbácea.

Definiranse as medidas precisas para consolidar, o antes posible, os noiros, desmontes e terrapléns, seleccionando aquelas que contribúan a unha mellor integración paisaxística (revexetación, estendido de mantas de fibras naturais, etcétera).

Nas zonas verdes restauraranse e revexetaranse con prontitude as superficies espidas para evitar perdas de solo, usando as especies autóctonas do lugar e de acordo coas súas características edafolóxicas e climáticas.

Artigo 57. Protección do patrimonio cultural

En canto ás actuacións situadas dentro da zona de delimitación do territorio histórico BIC do Camiño Francés, tal e como se recolle na cartografía do Decreto 227/20112, seguirase o disposto na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG), en canto:

Ao réxime de autorizacións segundo o disposto nos artigos 39 e 53 da LPCG.

Aos criterios de intervención segundo o disposto no artigo 44 da LPCG.

Aos usos e actividades prohibidas nos Camiños de Santiago segundo o disposto no artigo 44 da LPCG.

Recoméndase que as actuacións dentro da zona de delimitación do territorio histórico sigan os criterios establecidos na Guía de boas prácticas para as actuacións nos Camiños de Santiago, publicada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Artigo 58. Protección do medio natural

Para os efectos de protexer a flora e fauna silvestres teranse en conta as medidas previstas na lexislación aplicable e, en especial, as establecidas nas seguintes disposicións:

a) Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

b) Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, modificada pola Lei 7/2018, do 20 de xullo.

c) Real decreto 139/2011, do 4 febreiro (Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e Catálogo español de especies ameazadas).

d) Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, modificado polo Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica e actualiza o dito catálogo.

Antes do inicio dos traballos levarase a cabo unha prospección minuciosa para constatar a presenza ou ausencia de especies do Catálogo galego de especies ameazadas (Real decreto 88/2007) e comunicarase, en caso de detección, ao Servizo de Patrimonio Natural de Lugo, xunto coas medidas que se propoñan. En caso de detectar a presenza das ditas especies garantirase a súa conservación e cumpriranse as obrigas establecidas ao respecto no artigo 95 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

As plantacións realizaranse con especies herbáceas, arbóreas e arbustivas propias da rexión bioxeográfica e procedentes de ecotipos locais co fin de garantir a súa viabilidade e reducir posteriores labores de mantemento.

As sementes empregadas deberán ser verificadas para garantir que non se introducen sementes foráneas e invasoras e que non se incorporan elementos que poidan afectar tanto a flora como a fauna da contorna.

A poda da vexetación non poderá realizarse en primavera, ao ser o período reprodutor das especies e afectar a nidificación das especies silvestres.

Artigo 59. Paisaxe

As condicións naturais do medio físico e, en especial, as masas arbóreas e cursos de auga existentes no ámbito, deberán integrase no tratamento das zonas verdes e espazos libres, coa finalidade de garantir un bo nivel ambiental e paisaxístico.

a) Someteranse os noiros e desmontes a un tratamento paisaxístico para garantir a súa conservación e mantemento.

b) Realizarase a elección do mobiliario urbano tendo sempre en conta a súa integración na paisaxe.

c) Utilizaranse pantallas vexetais para ocultar ou fragmentar elementos impactantes ou de gran tamaño co fin de reducir a súa visibilidade. Empregaranse especies arbóreas e arbustivas autóctonas de diferente porte, evitando as plantacións lineais e distribuíndo aquelas especies de maior porte naquelas zonas que teñan un maior impacto visual, co fin de mitigar a súa visibilidade.

d) Na zona verde lindeira coas vivendas existentes no norte do parque e tamén coincidente co trazado do Camiño de Santiago plantaranse especies arbóreas de elevado porte para mitigar o impacto visual e a visibilidade do parque desde as ditas vivendas e o BIC.

e) Salvo que por exixencias da actividade se requiran cerramentos opacos, estes serán abertos, mediante redes metálicas ou reixas, e poderá integrarse vexetación no seu deseño.

f) Empregaranse barreiras vexetais para a ocultación de zonas de amoreamento ou depósito permanente de materiais que poidan producir un impacto visual na contorna. Para iso empregaranse especies arbóreas e arbustivas autóctonas de diferente porte, evitando as plantacións lineais e distribuíndo aquelas especies de maior porte naquelas zonas que teñan un maior impacto visual, co fin de mitigar a súa visibilidade.

CAPÍTULO III

Ordenanzas particulares

Artigo 60. División en zonas

De acordo coa ordenación establecida, o ámbito divídese en zonas en que serán de aplicación as seguintes ordenanzas:

– Ordenanza I: edificación de uso industrial.

– Ordenanza C: edificación de uso terciario.

– Ordenanza ZV: zonas verdes.

– Ordenanza D: dotacional.

– Ordenanza rede viaria.

As zonas indicadas grafítanse no plano de ordenación.

Artigo 61. Ordenanza I, industrial

– Tipoloxía edificatoria: na zona de aplicación desta ordenanza establécese a tipoloxía de edificación exenta ou apegada, en función da superficie da parcela.

I. Edificación apegada:

– Parcela mínima: 400 m2.

– Parcela máxima: 1.500 m2.

II. Edificación apegada ou exenta:

– Parcela mínima: 1.500 m2.

– Parcela máxima: 5.000 m2.

III. Edificación exenta:

– Parcela mínima: 5.000 m2.

Fronte mínima de parcela: 10 m.

Recuamentos. En función da superficie e a tipoloxía edificatoria da parcela, poderán definirse os seguintes recuamentos:

– Ao linde frontal: o establecido nos planos de ordenación. Esta distancia tan só poderá ser superada polas marquesiñas e elementos de protección dos peiraos de carga e descarga segundo a regulación establecida no artigo 24 desta normativa.

– Ao linde de fondo: o establecido nos planos de ordenación.

– Ao linde lateral: o establecido nos planos de ordenación. En caso de ordenación exenta exixirase o recuamento mínimo de 3 m.

Ocupación máxima: será a resultante de aplicar os recuamentos mínimos exixibles á parcela (ver cadro de características).

Edificabilidade máxima: será a establecida no cadro de características.

Altura máxima e número de plantas:

– A altura máxima de cornixa será de 12 metros, medida segundo se establece no artigo 21 desta normativa.

– O número máximo de andares será de dous (baixo + 1).

– Por encima da altura máxima de cornixa permítense as cubertas, elementos e instalacións que cumprirán as condicións establecidas nas ordenanzas reguladoras.

– Poderanse permitir alturas maiores á máxima de cornixa mediante a aprobación dun estudo de detalle que a xustifique en función das exixencias dos procesos produtivos, máis ningunha construción (incluídos todos os seus elementos como antenas, pararraios, chemineas, equipamentos de aire acondicionado, caixas de ascensores, carteis, remates decorativos, etc.), modificacións do terreo ou obxecto fixo (postes, antenas, aeroxeradores incluídas as súas pas, carteis, etc.), así como o gálibo das vías pode superar as liñas de nivel das superficies limitadoras das servidumes aeronáuticas do aeródromo de Rozas.

– Os entresollados de oficinas ou almacéns autorizaranse, gardando as condicións previstas nestas ordenanzas.

– Espazos libres de parcela. Os espazos libres de parcela cumprirán as condicións establecidas no artigo 48 destas ordenanzas reguladoras.

– Sotos e semisotos. Autorizaranse, gardando as condicións previstas, e non computarán edificabilidade.

– Voos e peiraos de carga. Autorizaranse, gardando as condicións previstas nas ordenanzas.

– Condicións de uso.

a) Uso principal: industrial en todas as categorías.

b) Usos alternativos: terciario na categoría comercial e oficinas, definidos no artigo 34.

c) Usos complementarios: os definidos no artigo 33.

d) Usos prohibidos: todos os usos non incluídos nos apartados anteriores.

Condicións de estética e de accesibilidade, seguridade e hixiene: serán de aplicación as establecidas nas ordenanzas xerais da presente normativa.

Prazas de aparcadoiro: no interior da parcela será necesario dispoñer de espazo para as prazas de aparcadoiro establecidas no cadro de características.

Agrupación e segregación de parcelas: permítese a agrupación e segregación das parcelas nos termos establecidos nos artigos 26 e 27 desta normativa.

Artigo 62. Ordenanza C, terciario

Tipoloxía edificatoria: na zona de aplicación desta ordenanza establécese, a tipoloxía de edificación exenta ou apegada.

I. Edificación apegada:

– Parcela mínima: 400 m2.

– Parcela máxima: 1.500 m2.

II. Edificación apegada ou exenta:

– Parcela mínima: 1.500 m2.

– Parcela máxima: 5.000 m2.

III. Edificación exenta:

– Parcela mínima: 5.000 m2.

– Fronte mínima de parcela: 10 m.

– Recuamentos:

– Ao linde frontal: o establecido nos planos de ordenación. Esta distancia tan só poderá ser superada polas marquesiñas e elementos de protección dos peiraos de carga e descarga segundo a regulación establecida no artigo 24 desta normativa.

– Ao lindeiro de fondo: o establecido nos planos de ordenación.

– Ao lindeiro lateral: o establecido nos planos de ordenación. En caso de ordenación exenta exixirase o recuamento mínimo de 3 m.

Ocupación máxima: será a resultante de aplicar os recuamentos mínimos exixibles á parcela.

Edificabilidade máxima: será a resultante de multiplicar a superficie máxima de ocupación polo número de plantas (ver cadro de características).

Altura máxima e número de plantas:

– A altura máxima de cornixa será de 12 metros, medida segundo se establece no artigo 21 desta normativa.

– O número máximo de andares será de dous (baixo + 1).

– Por enriba da altura máxima de cornixa permítense as cubertas, elementos e instalacións, que cumprirán as condicións establecidas nestas ordenanzas reguladoras.

Poderanse permitir alturas maiores á máxima de cornixa mediante a aprobación dun estudo de detalle que a xustifique en función das exixencias dos procesos produtivos, máis ningunha construción (incluídos todos os seus elementos, como antenas, pararraios, chemineas, equipamentos de aire acondicionado, caixas de ascensores, carteis, remates decorativos, etc.), modificacións do terreo ou obxecto fixo (postes, antenas, aeroxeradores incluídas as súas pas, carteis, etc.), así como o gálibo das vías pode superar as liñas de nivel das superficies limitadoras das servidumes aeronáuticas do aeródromo de Rozas.

– Os entresollados de oficinas ou almacéns autorizaranse gardando as condicións previstas nas ordenanzas.

Espazos libres de parcela: os espazos libres de parcela cumprirán as condicións establecidas no artigo 48 destas ordenanzas reguladoras.

Sotos e semisotos: autorizaranse, gardando as condicións previstas no artigo 23 destas ordenanzas, e non computarán edificabilidade.

Voos e peiraos de carga: autorizaranse, gardando as condicións previstas no artigo 24 destas ordenanzas.

Condicións de uso.

a) Uso principal: terciario, en todas as categorías.

b) Usos alternativos: dotacional, definidos no artigo 37.

c) Usos complementarios: os definidos no artigo 35.

d) Usos prohibidos: todos os usos non incluídos nos puntos anteriores.

Condicións de estética e de accesibilidade, seguridade e hixiene: serán de aplicación as establecidas nestas ordenanzas reguladoras.

Prazas de aparcadoiro: no interior da parcela será necesario dispoñer de espazo para as prazas de aparcadoiro establecidas no cadro de características.

Agrupación e segregación de parcelas: permítese a agrupación e segregación das parcelas nos termos establecidos nos artigos 26 e 27 da presente normativa.

Artigo 63. Ordenanza EL-ZV, espazos libres públicos e zonas verdes

Esta ordenanza será de aplicación nas zonas do plano de ordenación coa denominación (ZV).

Nos parques así definidos, ademais do uso como tal zona tamén se admiten os seguintes, coas seguintes restricións:

a) A ocupación do solo por todos eles non será superior ao 15 % da extensión total do parque.

b) No caso de instalacións deportivas descubertas, a porcentaxe de ocupación poderá chegar ao 25 %.

c) Permítense a localización de aparcadoiros para bicicleta.

d) Execución de redes de servizos.

e) Nas zonas verdes de transición paisaxística coa contorna e nos espazos libres públicos, ademais de realizar novas plantacións, nas cales se utilizarán, sempre que as condicións o permitan, especies vexetais autóctonas, conservarase a maior parte posible das masas arbóreas de interese existentes.

Artigo 64. Ordenanza EQ, equipamento

Esta ordenanza será de aplicación nas zonas grafadas no plano Ordenación.

Condicións da edificación:

– Tipoloxía: a tipoloxía da edificación será exenta.

– Aliñacións: as aliñacións corresponderanse coas establecidas no plano Ordenación.

– Recuamentos mínimos:

• Ao linde frontal: o establecido nos planos de ordenación.

• Ao linde de fondo: o establecido nos planos de ordenación.

• Ao linde lateral: o establecido nos planos de ordenación.

Ocupación máxima: a ocupación máxima será do 70 % da superficie neta da parcela.

Edificabilidade máxima: será a resultante de multiplicar a superficie máxima de ocupación polo número de andares da edificación (véxase cadro de características).

Altura máxima: a altura máxima de cornixa será de 9 metros, cun máximo de andares de baixo + 1, tendo en conta que ningunha construción (incluídos todos os seus elementos como antenas, pararraios, chemineas, equipamentos de aire acondicionado, caixas de ascensores, carteis, remates decorativos, etc.), modificacións do terreo ou obxecto fixo (postes, antenas, aeroxeradores incluídas as súas pas, carteis, etc.), así como o gálibo das vías pode superar as liñas de nivel das superficies limitadoras das servidumes aeronáuticas do aeródromo de Rozas.

Sotos e semisotos: autorízanse, cumprindo as condicións establecidas no artigo 23 destas ordenanzas reguladoras, e non computarán edificabilidade.

Condicións de uso.

Uso principal: dotacional. En todas as categorías.

Usos complementarios: autorízanse usos vencellados ao equipamento principal, como oficinas, almacenaxe, garaxe-aparcadoiro, etc. e o uso vivenda destinada exclusivamente ao persoal encargado da vixilancia e conservación dos usos desenvolvidos e cunha única vivenda en todo o ámbito, que non poderá ser superior a 150 m2. A superficie destinada a vivenda computará edificabilidade.

Usos prohibidos: todos os usos non incluídos nos puntos anteriores.

Condicións de estética e de accesibilidade, seguridade e hixiene: serán de aplicación as establecidas nestas ordenanzas reguladoras.

Prazas de aparcadoiro: no interior da parcela será necesario dispoñer de espazo para as prazas de aparcadoiro establecidas no cadro de características.

Artigo 65. Ordenanza rede viaria

Esta ordenanza será de aplicación á rede viaria comprendida no ámbito e grafada no plano Ordenación (vías, beirarrúas, aparcadoiros).

A rede viaria cumprirá as condicións establecidas nas normas de urbanización destas ordenanzas reguladoras.

O informe ambiental estratéxico do Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III) foi publicado no DOG núm. 145, do 30 de xullo de 2021, mediante Anuncio do 16 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

As determinacións deste proxecto de interese autonómico supoñen a modificación da clasificación do solo das Normas subsidiarias de planeamento de Palas de Rei de 1994. Así, o plano denominado Anexo 3: (modificación planos normas) 6. Plano de ordenación. e: 1/2000, será substituído polo plano denominado Plano modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento. Delimitación do parque empresarial. Fase III. e: 1/2000.

O contido íntegro do proxecto aprobado, incluído o extracto ambiental, pódese consultar no seguinte enderezo electrónicp:

https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais/plans-e-proxectos-aprobados

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo