DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade á resolución, que pon fin á vía administrativa, do outorgamento da seguinte concesión en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións correspondente:

Data da resolución: 2.2.2023.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-11-97-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de terreos con destino á construción e explotación dun porto deportivo no porto de Sanxenxo.

Porto: Sanxenxo.

Concesionario: Nauta Sanxenxo, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 119.757 m2.

Investimento: 863.716,33 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o 15.10.2047.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 161.837,88 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias e ao 2 % das actividades non portuarias.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia