A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos preferentemente iberoamericanos, que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o Máster en produción xornalística e audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2024/25.
Establécense dous prazos para o envío e a presentación de solicitudes: do 1 de febreiro ao 15 de maio de 2024 (prazo anticipado), e do 26 de xuño ao 10 de xullo de 2024 (prazo ordinario).
Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web www.mpxa.net
A Coruña, 31 de xaneiro de 2024
José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre