DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15329

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Xanique Val do Fento

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Convócanse todos os comuneiros á asemblea xeral ordinaria que vai ter lugar o 24.2.2024, no Centro Sociocultural de Tenorio, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, ás 15.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 16.00 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, das contas do exercicio anterior.

2. Ratificación das achegas acordadas co representante do concello.

3. Información sobre a sentenza do monitorio e aprobación das medidas que se van adoptar.

4. Autorización á directiva para solicitarlle ao Concello unha subvención nominativa para obras de conservación dos perímetros dos mananciais.

5. Suxestións e preguntas.

Tenorio, 1 de febreiro de 2024

Luis Piñón Solla
Presidente da Xunta Directiva da Comunidade
de Augas de Xanique Val do Fento