DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de obras para peche de parcelas no concello de Arteixo (expediente DH.W15.95061).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Lidia Baldomar Cambeiro.

DNI: 7933*****.

Expediente: DH.W15.95061.

Lugar: Pena do Corvo (polígono 14, parcelas 55 e 297).

Parroquia: Armentón (San Pedro).

Concello: Arteixo.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten no peche de parcelas mediante paneis de formigón.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte