DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Santiago de Compostela (expediente DH.A15.63555).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a resolución da Dirección de Augas de Galicia do 12 de decembro de 2023 e como resultado do expediente incoado para o efecto, se outorgou a José Otero Freire unha concesión de 131,4 m3 anuais de auga, que procede dun pozo de barrena situado no lugar de Lamas, parroquia do Carballal (San Xulián), no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións