DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/550-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios da LMTA SJG801 Ponte Bora, 1, comprendidos entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 60 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado A6534OOX//203 da LMTA Ponte Bora, 1, e final no apoio proxectado A664AI74//201.

Regulado do condutor existente LA-56: 36 metros entre o apoio existente A63FPWTI//205 e o apoio proxectado A648NUPG//204; 46 metros entre o apoio proxectado A648NUPG//204 e o apoio proxectado A6534OOX//203; e 34 metros entre o apoio proxectado A664AI74//201 e o apoio existente A66N0KHT//200.

A instalación está situada nas inmediacións do río Lérez, na parroquia de Xeve (Santo André), no municipio de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/550-4.

Denominación: substitución dos apoios da LMTA SJG801 Ponte Bora 1 comprendidos entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afecciones

m2

1

Besada

Carballeira

36900A270000950000LD

Descoñecido/a

A648NUPG//204

2,00

2

Besada

Carballeira

36900A270000960000LX

Descoñecido/a

A6534OOX//203

2,00

3

Paulas

Matogueira

36900A269004430000LW

Descoñecido/a

A664AI74//201

2,00