DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible de varios contratos, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

I. Expedientes de contratación.

1) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de rehabilitación integral do CEE Miño de Ourense (expediente ED 9/20-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral do CEE Miño de Ourense.

2. Importe de adxudicación: 639.466,00 €, máis 134.287,86 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 773.753,86 €.

3. Prazo de execución: 2 meses e 3 semanas.

4. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L., CIF B32021487.

2) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de carpintarías exteriores no CEIP Cruz-Budiño do Porriño (Pontevedra), para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 (expediente ED 13/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de carpintarías exteriores no CEIP Cruz-Budiño do Porriño (Pontevedra), para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19.

2. Importe de adxudicación: 141.187,00 €, máis 29.649,27 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 170.836,27 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: Metaleume, S.L., CIF B70554092.

3) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de carpintarías en tres centros educativos para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias. Lote 1. CEIP de Curtis (expediente ED 2/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de carpintarías en tres centros educativos para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias. Expediente ED 2/21-O. Lote 1. CEIP de Curtis.

2. Importe de adxudicación: 182.000,00 €, máis 38.220,00 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 220.220,00 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: UTE Arco Labora Servicios de la Construcción S.L.U.-Hondigo, S.L.U., CIF U06846042.

4) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeita á regulación harmonizada, da contratación das obras de rehabilitación integral do CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña) (expediente ED 43/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña.

2. Importe de adxudicación: 875.000,00 €, máis 183.750,00 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 1.058.750,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Anualidade 2021: 100.000,00 €.

Anualidade 2022: 958.750,00 €.

3. Prazo de execución: 5 meses.

4. Adxudicataria: Coto Estudios y Construcciones, S.L., CIF B74340225.

5) Licitación mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, da contratación das obras de rehabilitación integral do CEIP Flavia de Padrón (A Coruña) (expediente ED 44/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral do CEIP Flavia de Padrón (A Coruña).

2. Importe de adxudicación: 702.770,77 €, máis 147.581,86 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 850.352,63 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Anualidade 2021: 100.000,00 €.

Anualidade 2022: 750.352,63 €.

3. Prazo de execución: 5 meses.

4. Adxudicataria: Constructora Consvial, S.L., CIF B05004999.

6) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de carpintarías en dous centros educativos da provincia de Pontevedra (IES Chan do Monte de Marín e CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa), para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias. Lote 2. CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa (expediente ED 9/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de carpintarías en dous centros educativos da provincia de Pontevedra (IES Chan do Monte de Marín e CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa) para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias. ED 09/21-O, lote 2 CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa.

2. Importe de adxudicación: 91.038,85 €, máis 19.118,16 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 110.157,01 €.

3. Prazo de execución: 40 días.

4. Adxudicataria: Perfil Glass M. Quintela, S.L., CIF B32467631.

7) Licitación mediante procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución ou illamento de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous CPI e un CEIP da provincia da Coruña (CPI Pecalama de Tordoia, CPI de Viaño Pequeno de Trazo, CEIP de Présaras de Vilasantar). Protocolo COVID-19. Lote 3 CEIP de Présaras de Vilasantar (expediente ED 19/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución ou illamento de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous CPI e un CEIP da provincia da Coruña (CPI Pecalama de Tordoia, CPI de Viaño Pequeno de Trazo, CEIP de Présaras de Vilasantar). Protocolo COVID-19. ED 19/21-O. Lote 3 CEIP de Présaras de Vilasantar.

2. Importe de adxudicación: 235.205,74 €, máis 49.393,21 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 284.598,95 €.

3. Prazo de execución: 2 meses e 24 días.

4. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L., CIF B32021487.

8) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de cubertas, falsos teitos, iluminación e mellora das instalacións eléctrica e de fontanaría no CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón (Pontevedra). Protocolo COVID-19 (expediente ED 20/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, falsos teitos, iluminación e mellora das instalacións eléctrica e de fontanaría no CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón (Pontevedra).

2. Importe da adxudicación: 236.166,33 €, máis 49.594,93 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 285.761,26 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L., CIF B32021487.

9) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de cubertas en tres centros educativos do concello da Coruña (CEIP Alborada, CEIP Salgado Torres e CEIP San Pedro de Visma). Protocolo COVID-19. Lote 3 CEIP San Pedro de Visma (expediente ED 16/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas en tres centros educativos do concello da Coruña (CEIP Alborada, CEIP Salgado Torres e CEIP San Pedro de Visma). Protocolo COVID-19 (expediente ED 16/21-O, lote 3 CEIP San Pedro de Visma).

2. Importe de adxudicación: 130.974,66 €, máis 27.504,68 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 158.479,34 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: IAM Rumbo Instalaciones y Obras, S.L., CIF B15448004.

10) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de rehabilitación integral no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña) (expediente ED 04/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

2. Importe de adxudicación: 513.300,00 €, máis 107.793,00 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 621.093,00 €.

3. Prazo de execución: 3 meses.

4. Adxudicataria: Ogmios Proyecto, S.L., CIF B15886328.

11) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución ou illamento de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous CPI e un CEIP da provincia da Coruña (CPI Pecalama de Tordoia, CPI de Viaño Pequeno de Trazo, CEIP de Présaras de Vilasantar). Protocolo COVID-19. Lote 2 CPI de Viaño Pequeno de Trazo (expediente ED 19/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución ou illamento de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous CPI e un CEIP da provincia da Coruña (CPI Pecalama de Tordoia, CPI de Viaño Pequeno de Trazo, CEIP de Présaras de Vilasantar). Protocolo COVID-19. ED 19/21-O. Lote 2 CPI de Viaño Pequeno de Trazo.

2. Importe de adxudicación: 212.829,98 €, máis 44.694,30 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 257.524,28 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: IAM Rumbo Instalaciones y Obras, S.L., CIF B15448004.

12) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de cubertas en tres centros educativos do concello da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. Lote 2 CPI de Bembibre en Val do Dubra (expediente ED 18/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en tres CPI da provincia da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. ED 18/21-O. Lote 2 CPI de Bembibre en Val do Dubra.

2. Importe da adxudicación: 307.590,00 €, máis 64.593,90 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 372.183,90 €.

3. Prazo de execución: 9 semanas.

4. Adxudicataria: Construcciones Jesús Naray, S.L., CIF B27156231.

13) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de cubertas en tres centros educativos do concello da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. Lote 3 CPI Dos Dices en Rois (expediente 18/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en tres CPI da provincia da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. ED 18/21-O. Lote 3 CPI Dos Dices en Rois.

2. Importe de adxudicación: 364.190,00 €, máis 76.479,90 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 440.669,90 €.

3. Prazo de execución: 9 semanas.

4. Adxudicataria: Construcciones Jesús Naray, S.L., CIF B27156231.

14) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de cubertas en tres centros educativos do concello da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. Lote 1 CPI Ponte Carreira de Frades (expediente 18/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en tres CPI da provincia da Coruña (CPI Ponte Carreira de Frades, CPI de Bembibre en Val do Dubra e CPI Dos Dices en Rois). Protocolo COVID-19. ED 18/21-O. Lote 1 CPI Ponte Carreira de Frades.

2. Importe da adxudicación: 313.083,78 €, máis 65.747,59 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 378.831,37 €.

3. Prazo de execución: 3 meses.

4. Adxudicataria: JSTOP, Obras y Servicios, S.L., CIF B70123005.

15) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de substitución de carpintarías en tres centros educativos, para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias. Lote 3. IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra (expediente ED 2/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de carpintarías en tres centros educativos para a mellora da ventilación en cumprimento do protocolo COVID-19 e outras obras accesorias, IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra (lote 3), expediente ED 2/21-O.

2. Importe de adxudicación: 178.767,54 €, máis 37.541,18 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 216.308,72 €.

3. Prazo de execución: 40 días.

4. Adxudicataria: Asistencia y Soluciones de Arquitectura e Ingeniería, S.L., CIF B36584787.

16) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, da contratación das obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous IES da provincia de Lugo (IES Lois Peña Novo de Vilalba e IES de Monterroso). Protocolo COVID-19. Lote 1 IES Lois Peña Novo de Vilalba (expediente ED 17/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous IES da provincia de Lugo (IES Lois Peña Novo de Vilalba e IES de Monterroso). Protocolo COVID-19. ED 17/21-O. Lote 1 IES Lois Peña Novo de Vilalba.

2. Importe da adxudicación: 203.518,00 €, máis 42.738,78 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 246.256,78 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: Prado Lameiro, S.L., CIF B32241432.

17) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de adaptación de espazos interiores no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, por mor do cumprimento do protocolo COVID-19 (expediente ED 10/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de adaptación dos espazos interiores no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, por mor do cumprimento do protocolo COVID-19.

2. Importe da adxudicación: 175.000,00 €, máis 36.750,00 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 211.750,00 €.

3. Prazo de execución: 1,5 meses.

4. Adxudicataria: Planificación, Desarrollo y Gestión de Construcciones, S.A., CIF A36229557.

18) Licitación mediante o procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, non suxeito á regulación harmonizada, da contratación das obras de rehabilitación integral do IES Santa Irene de Vigo (Pontevedra) (expediente 13/20-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral do IES Santa Irene de Vigo (Pontevedra).

2. Importe da adxudicación: 950.475,00 €, máis 199.599,75 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 1.150.074,75 €.

3. Prazo de execución: 5 meses e 10 días.

4. Adxudicataria: Extraco, Construcións e Proxectos, S.A., CIF A32002644.

19) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, da contratación das obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous IES da provincia de Lugo (IES Lois Peña Novo de Vilalba e IES de Monterroso). Protocolo COVID-19. Lote 2 IES de Monterroso (expediente ED 17/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de substitución de cubertas, carpintarías, reparación de fachadas e outras accesorias en dous IES da provincia de Lugo (IES Lois Peña Novo de Vilalba e IES de Monterroso).

Protocolo COVID-19. ED 17/21-O Lote 2 IES de Monterroso.

2. Importe da adxudicación: 156.292,95 €, máis 32.821,52 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 189.114,47 €.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Adxudicataria: Desarrollos Constructivos de Támoga, S.L.U., CIF B27501360.

20) Licitación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, da contratación das obras de rehabilitación integral no CMUS de Vigo (Pontevedra) (expediente ED 39/21-O).

1. Obxecto do contrato: obras de rehabilitación integral no CMUS de Vigo (Pontevedra).

2. Importe da adxudicación: 933.596,95 €, máis 196.055,36 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un importe total de 1.129.652,31 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Anualidade 2021: 195.500,00 €.

Anualidade 2022: 934.152,31 €.

3. Prazo de execución: 4,5 meses.

4. Adxudicataria: UTE Construcciones Orega, S.L.-Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L., CIF U67774315.

II. Financiamento.

Todas estas actuacións financiaranse ao 100 % do gasto elixible no marco do instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de España (REACT-EU), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.5 REACT-UE 5 Apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns.

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

III. Información.

1. Poder adxudicador: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

2. Tipo de poder adxudicador: Administración pública.

3. Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Enderezo electrónico: sxce@edu.xunta.gal

4. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 22.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades