En sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),
ACORDOU:
De conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de marzo de 2024, ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade; así como de lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024
José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal