DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.74572).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María Pilar Josefa Pérez Varela.

DNI: ***4900**.

Expediente: DH.A36.74572.

Volume total anual: 2.332,98 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,8 l/s.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Cerdeiriñas.

Parroquia: Goiás.

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia 36024A067002760000AL, e a súa condución soterrada mediante tubo de formigón de 20 cm de diámetro, dividida en dous compartimentos, ata a parcela de referencia 36024A067002500000AM, onde se realiza un reparto de diferentes conducións a depósito para vivenda, depósito para almacén, a un depósito intermedio duns 10 m3 e para rega.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro