DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.89434).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado mediante o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regantes Soutiño.

Expediente: DH.A36.89434.

Volume total anual: 3.452,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,32 l/s.

Destino: rega.

Orixe: x= 562838, y= 4740521 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Soutiño.

Parroquia: Ollares (Santa María).

Concello: Vila de Cruces.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial (mina) situado na parcela 36059A076001060000M. As augas discorren a ceo aberto uns 385 m ata o primeiro reparto. Neste punto colocouse un tubo de 70 mm de diámetro no canal e instalarase o contador homologado. Mediante comportas tipo talladeira desvíase a auga cara unha pequena arqueta que reparte o caudal en dous, un cara un depósito de bloques de formigón con medidas 2,00×2,00×1,50 m e 6 m3 de capacidade para a rega das parcelas 36059A071000260000MP, 36059A071000250000MQ, 36059A071000200000MW, 36059A071000190000MB e o outro caudal para a rega da parcela 36059A071000240000MG.

Pasado o primeiro reparto a auga continúa por unha canle a ceo aberto ata o segundo repartidor, situado no lateral da canle construída en ladrillo revestido de 10,00×0,60×1,00 m, provisto de varios pequenos depósitos, con comporta de acceso que envía a auga cara as parcelas 36059A069004960001QM, 36059A069000010001QH, 36059A071000210000MA, e tamén cara un depósito de almacenamento a ceo aberto de 16,50 m3 de capacidade para a rega das parcelas 36059A071000230000MY e 36059A071000220000MB.

A canle continúa cunha comporta e chega a un depósito de bloques de formigón cunhas medidas de 10,00×3,00×1,00, dividido en dous cunha capacidade cada un de 15,30 m3, de cada un dos depósitos individuais sairá un tubo de 32 mm de diámetro para desde a rega das parcelas 36059A071000260000MP e 36059A069000020000MQ. Ao chegar as cabeceiras das parcelas para regar, colocaranse nos tubos válvulas de corte, provistas de axuste rápido.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro