DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/430-1).

Expediente: IN407A 2023/430-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado núm. 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806).

Termo municipal: Ponteceso.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña CBA-806 autorizado no expediente IN407A 2005/196-1 denominado LMTS Anllóns de Arriba (derivada a CT Grupo Escolar), de 11 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 27 (matrícula 9NDFAV31) metálico tipo A-AL-C-3000/20-cruceta dobre circuíto-2x(PA/S)-12xCA e núm. 27-1 (matrícula 9NDGRR6A) de formigón tipo HVH-(PA/S)-CR, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 11 metros de lonxitude comprendido entre os apoios núm. 27 (matrícula 9NDFAV31) e núm. 27-1 (matrícula 9NDGRR6A) anteriores.

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15069A007009840000PF sita no lugar de Tella (Santo Eleuterio), cun lixeiro desprazamento, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H35-3xCA, no que se proxecta a instalación de forrado antiescalo, dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador seccionador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, pasando a ter a condición de frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van da liña CBA-806 de 13 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 27 existente e o novo apoio núm. 27-1, unha vez substituído este.

As anteriores operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 27-1 (matrícula 9NDGRR6A) de formigón tipo HVH-(PA/S)-CR e a conexión do condutor soterrado tipo RHZ1-2OL 12/20 3(1×240 mm² Al) existente ao paso aero-soterrado (PA/S) que se vai instalar no apoio núm. 27-1 unha vez substituído.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Ponteceso.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado núm. 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806)

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ponteceso

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15069A007009840000PF

Lugar de Milleiras

Novo apoio núm. 27-1 (RCS)

2

Matogueira