DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de expediente para a aprobación da disolución da agrupación voluntaria dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei para o sostemento en común da praza de intervención. Aprobación inicial.

Sométese a información pública por prazo dun (1) mes o seguinte acordo:

Expediente para a aprobación da disolución da agrupación voluntaria dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei para o sostemento en común da praza de intervención. Aprobación inicial.

Os concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei, ambos limítrofes e da provincia de Lugo, acordaron segundo o Decreto 222/1991, do 20 de xuño, polo que se aproba a agrupación dos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei, da provincia de Lugo, a agrupación voluntaria para o sostemento en común da praza de interventor.

No ano 2006 aceptouse a separación do Concello de Cospeito e reordenar a agrupación de municipios de Castro de Rei e Outeiro de Rei para o sostemento en común do posto de intervención e modificar os estatutos da agrupación.

Transcorridos máis de 22 anos desde esa agrupación voluntaria de concellos para o sostemento en común da praza de intervención, as situación socioeconómicas de ambos os concellos mudaron.

Con base no anterior o Concello de Outeiro de Rei en sesión plenaria do 28 de decembro de 2023 e o Concello de Castro de Rei en sesión plenaria do 19 de xaneiro de 2024 aprobaron inicialmente:

1º. Aprobar a disolución da agrupación voluntaria dos concello de Outeiro de Rei e Castro de Rei para o sostemento en común do posto único de intervención.

2º. Clasificar os postos reservados a funcionarios/as da Administración local con habilitación de carácter nacional resultantes da disolución, nos seguintes termos:

– Concello de Outeiro de Rei.

– Posto: intervención.

– Subescala: intervención categoría de Entrada.

– Forma de provisión: concurso.

– Concello de Castro de Rei.

– Posto: intervención.

– Subescala: intervención categoría de Entrada.

– Forma de provisión: concurso.

3º. Adscribir a María Isabel Pernas Sánchez, titular do posto de intervención da agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e de Castro de Rei, da provincia de Lugo, ao novo posto de intervención do Concello de Outeiro de Rei.

4º. Aprobado inicialmente o expediente, debe de ser sometido a información pública durante un mes e solicitarse informe á Delegación do Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e á Deputación Provincial, que deben de ser emitidos no prazo dun mes desde a súa solicitude. De non ser emitidos en prazo, entenderanse favorables.

5º. Logo da información pública e a solicitude e emisión de informes, acordarase a desagrupación definitivamente en sesión plenaria de cada concello con remisión posterior do expediente á consellería competente en materia de réxime local.

Con respecto ao Concello de Outeiro de Rei, este acordo supón igualmente modificar o horario de traballo do posto de Intervención pasando de ser horario compartido con Castro de Rei a horario ordinario, xornada continua, o que comporta a adecuación retributiva do posto.

Outeiro de Rei, 25 de xaneiro de 2024

José Pardo Lombao
Alcalde